aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


15/08/2014:  O alcalde de Santiago analizou co presidente da Cámara de Comercio os proxectos estratéxicos da cidade

No encontro abordaron cuestións de futuro para Santiago, especialmente no que se refire a infraestruturas como a Estación Intermodal e o Aeroporto de Lavacolla 

Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2014.- O alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, reuniuse co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey. No encontro falaron sobre diversos temas que afectan á cidade en materia de  infra

estruturas. Así, un dos temas da reunión foi a Estación Intermodal. O alcalde trasladoulle a Asorey que está traballando para consensuar con Fomento o modelo de estación, dende un planteamento claro que permita “programar, planificar e periodificar” a intervención na estación de tren, con investimentos concretos. 


Considera, e así llo trasladou ao presidente cameral, que é posible dotar a Santiago do equipamento que precisa utilizando como punto de partida o edificio actual. Así, nesta aposta por unha solución realista, Agustín Hernández considera urxente e necesaria unha mellora da estación que comece pola ampliación do seu vestíbulo para dimensionalo ó número de pasaxeiros, na actualidade o de maior volume de Galicia. 

O futuro do aeroporto de Lavacolla foi outro dos temas analizados na reunión sobre o que o alcalde manifestou estar a favor da coordinación, pero sempre baixo a premisa de que Lavacolla é o aeroporto central de Galicia. 

Neste senso lembroulle que seguirán traballando para concentrar a maior parte dos voos internacionais dende o convencemento de que as conexións conseguidas esta lexislatura incrementaron de xeito importante a capacidade de Lavacolla e fixeron que medrara o turismo internacional.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela