aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


19/08/2014:  A Cámara de Comercio agarda resultar beneficiada en dúas convocatorias que fomentan a mobilidade laboral dentro da Unión Europea

Aspira a continuar fortalecendo as relacións coas entidades homólogas do país e do estranxeiro 

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2014 (Vía Láctea Comunicación).- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago presentou durante o primeiro semestre de 2014 un total de tres propostas enmarcadas dentro da programación de financiamento europeo e está á espera de coñecer o resultado doutras tres iniciativas presentadas entre os meses de setembro e outubro de 2013. 

A través das mesmas, a Cámara continúa co seu obxectivo de cofinanciar gastos estruturais e de persoal, así como establecer relacións con outras entidades. No ámbito educativo, o ente cameral santiagués optou no mes de marzo á convocatoria Erasmus+ con dúas propostas para potenciar as capacidades formativas das persoas. A primeira delas consistirá en acoller un grupo de vinte membros da Asociación de Hostalería e dun Instituto de Formación Profesional de Grecia para recibir formación sobre turismo de saúde e benestar. A outra promove a cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas coa finalidade de fomentar a mobilidade laboral dentro da Unión Europea. 

Ademais, a Cámara tamén traballou na organización do encontro en Santiago do proxecto Entrepreneur 2.0, do Programa Leonardo da Unión Europea, que tivo lugar no mes de xuño. Capitais como Dublín, Praga e mesmo Santiago de Compostela acolleron sendas reunións de traballo para emprender accións conxuntas entre distintos axentes dos ámbitos camerais internacionais, fortalecendo as relacións con outras entidades. Haberá un vindeiro encontro no mes de outubro en Turquía. 

Iniciativas previstas para o vindeiro semestre 

A Cámara de Comercio de Santiago coñecerá o vindeiro semestre a resolución dos tres proxectos presentados a finais de 2013 e os enviados máis recentemente e continuará buscando obxectivos nas convocatorias dos programas COSME, Horizonte 2020 e Europa Creativa. Ademais, a entidade podería converterse en socio estratéxico para emprendedores europeos no programa Erasmus para mozos.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela