aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


26/08/2014:  A Antena Local de Boiro atendeu 300 consultas empresariais nos primeiros seis meses do ano

A partir de setembro celebraranse vinte e unha xornadas formativas sobre coaching, asociacionismo, interiorismo comercial, escaparatismo ou talleres sobre a elaboración de tapas e galletas 

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2014.- A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago atendeu 301 consultas de emprendedores, empresas e colectivos empresariais da comarca entre xaneiro e xuño de 2014. Realizaron consultas sobre subvencións, comercio interior e exterior, reclamacións de diversa natureza e consultas sobre servizos camerais. O 33,3% dos usuarios deste servizo foron emprendedores; os empresarios representaron o 27,2% do total de usuarios, os colectivos de empresas o 30,3% e cun 9,09% figuran outros usuarios. 

Unha das actuacións máis relevantes da antena cameral foi a constitución do observatorio económico do Barbanza, que mediante unha serie de reunións periódicas presentan propostas para planificar actividades, atendendo ás peticións dos propios membros do observatorio, ademais de coñecer a realidade empresarial da zona. 

Froito destas reunións comezáronse a elaborar en 2006 unha serie de estudos económicos. O primeiro deles foi un informe sobre os efectos da construción dunha gran superficie comercial na zona do Barbanza, ademais doutro sobre a situación económico empresarial e tamén do sector do turismo en Boiro e o resto da comarca e a edición de guías de idiomas para o sector do comercio. 

En 2009 comezouse a editar o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da comarca do Barbanza, que se obtén con carácter trimestral da extrapolación de datos das enquisas realizadas a máis de 1.000 empresas dos concellos do ámbito de actuación da antena cameral (Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son). Realízanse catro indicadores trimestrais por ano con datos referentes á confianza do empresariado no momento actual e a confianza do empresariado para os tres meses seguintes (perspectiva). 

Estudo sobre o fomento do emprego na comarca de Barbanza 

Ademais, neste primeiro semestre do ano celebrouse unha acción formativa, que contaron coa asistencia de 22 alumnos. Para os próximos meses programáronse vinte e unha xornadas novas: xornadas sobre coaching, adaptación dun comercio tradicional aos novos tempos, moitivación ao asociacionismo, elaboración de presupostos, manexo do estrés, interiorismo comercio, escaparatismo, elaboración de tapas, visual merchandising, arbitraxe de consumo, comercio electrónico, novas tendencias en hostalería, ferramentas publicitarias, empaquetados e embalaxes, venda en redes sociais, un curso de comunity manager, e dous talleres de elaboración de galletas con fondant e de tapas. 

Ademais, a Cámara de Comercio está elaborando un estudo sobre as “Oportunidades de emprego  e desenvolvemento sostible en Boiro e na comarca do Barbanza”. Finalizarase a finais do mes de outubro.  Analizaranse as posibilidades de xeración de emprego en Boiro e comarca e as necesidades de formación asociadas a diferentes sectores produtivos, co obxecto de fortalecer o emprego existente, fomentar a plena ocupación e identificar posibles liñas de negocio, promovendo o autoemprego.

A Antena Local de Boiro xurdiu dentro do Proxecto Antenas da Cámara de Comercio de Santiago, co fin de promover o acceso igualitario aos servizos da Cámara, eliminando as barreiras territoriais, e mellorando o grao de información existente sobre as necesidades e opinións das pemes, adecuando deste xeito a formación cameral dirixida a elas. Naceu en xaneiro de 2004 como un servizo de proximidade da Cámara de Comercio de Santiago á zona do Barbanza, promovido polo Consejo Superior de Cámaras de Comercio e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. A actividade da antena está dirixida aos empresarios dos concellos de Boiro, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Rianxo e Porto do Son.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela