aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


09/09/2014:  A Cámara de Comercio de Santiago organizará trinta actividades formativas neste segundo semestre do ano

Céntranse en temas de xestión empresarial, idiomas e creación de empresas 

O portal de emprego ofrece ás empresas a posibilidade de incluír a súa primeira oferta de xeito gratuíto 

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa programación de cursos para o segundo semestre deste ano. Un total de trinta actividades, entre xornadas, seminarios e cursos, conforman a programación para os próximos meses, que comezará a impartirse a finais deste mes de setembro. A entidade empresarial ofrece significativos descontos: un 20 por cento aos asociados á Cámara e un 10 por cento a aqueles que fagan a matrícula cun mínimo de dez días de antelación á celebración do curso. 

Todas as actividades formativas organizadas teñen como obxecto a adquisición e mellora das competencias profesionais dos empresarios, traballadores ou daquelas persoas que queiran incorporarse ao mundo laboral. Na actual conxuntura, a formación constitúe un factor clave para reforzar a produtividade e competitividade das empresas e para potenciar a empregabilidade dos traballadores. Para alcanzar este obxectivo, a Cámara de Comercio cre indispensable a presenza da formación para ter plantillas “recicladas, cualificadas e adaptadas” ás características do mercado. 

Como novidade e temas máis destacados, a entidade cameral ofrecerá un curso de “Vendas eficaces con PNL”. Nesta xornada, os responsables comerciais ou as persoas encargadas do departamento de vendas dunha empresa coñecerán as claves para alcanzar unha comunicación eficaz e unha estratexia de venda onde se consegue crear unha alianza co cliente. Estará impartida pola coaching Aïnhoa Mallo. 

No apartado de xestión empresarial, organizaranse tres cursos formativos impartidos polo consultor Rafael Martínez-Carrasco, da consultoría Arxon Estrategia. Baixo o título “Presuposto na empresa: elaboración e control”, o curso tentará que os alumnos aprendan a elaborar o presuposto anual dunha empresa. Outra das actividades serán os curso de “Control de xestión na peme” e “Xestión das relacións bancarias”. 

Ademais, a Cámara de Comercio ofrecerá outros cursos e xornadas sobre informática e novas tecnoloxías, xestión empresarial, comercio e distribución, vendas, contabilidade e fiscalidade, idiomas (a través do Instituto Cameral de Idiomas), comunicación empresarial, mediación civil e mercantil e creación de empresas, no Viveiro de Empresas de Costa Vella en colaboración coa Fundación Incyde.

Xestión de axudas á formación continua 

A Cámara de Comercio de Santiago, no seu constante apoio ás empresas, facilita o acceso ao sistema de axudas á formación continua a través da Fundación Tripartita, tramitando de forma gratuíta para os socios a bonificación das accións formativas que a empresa realice na entidade cameral. Este sistema de axudas permite ás empresas elexir unha formación de calidade e recuperar o investimento realizado por medio de bonificacións nos seus pagos á Seguridade Social. 

As Cámaras de Comercio españolas son a segunda institución educativa por número de alumnos a nivel nacional, despois da Universidade. A Cámara de Comercio de Santiago superou nos últimos anos a cifra dos 2000 alumnos/ano. “Fronte a outras entidades, a Cámara de Comercio conta cun profesorado de prestixio, con experiencia en distintos sectores que aportan un enfoque práctico e se adaptan ás necesidades das empresas, sempre anticipándose as súas carencias e mesmo ofrecéndolles formación específica e a medida a través de cursos chave en man” –apuntan desde a Cámara de Comercio de Santiago–. 

Busca de emprego no portal Empleocamaracompostela.com 

A Cámara de Comercio pon en marcha o portal Empleocamaracompostela.com, destinado a fomentar a creación de postos de traballo e axudar mediante asesoramento laboral. Calquera empresa pode darse de alta gratis e sen compromiso. Durante este trimestre, as empresas interesadas en seleccionar profesionais poden introducir a primeira oferta de emprego de forma gratuíta. 

O funcionamento do portal de emprego é sinxelo, podendo localizar ofertas de toda a comarca (nos 32 concellos da demarcación cameral) e presentar a candidatura de maneira áxil e efectiva. As empresas e demandantes de emprego deben inscribirse na páxina web. Actualmente, o portal de emprego ten máis de 360 currículos. 

Para máis información os interesados poden dirixirse ás dependencias da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, na rúa San Pedro de Mezonzo, 44-baixo, chamar ao teléfono 981 59 68 00 ao departamento de formación. Ademais, poderase descargar o programa formativo na web cameral www.camaracompostela.com. 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela