aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


11/09/2014:  A Cámara de Comercio de Santiago propón a busca dunha instalación “temporal” para aumentar as prazas da Escola Oficial de Idiomas, á espera da construción da nova sede

Jesús Asorey: A Escola de Idiomas de Santiago está obsoleta 

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela demanda unha maior oferta de prazas na Escola Oficial de Idiomas (EOI), ven sexa a través da construción dunha nova sede ou buscando unha instalación “temporal e complementaria” para satisfacer a solicitude de inscricións. “A Escola Oficial de Idiomas de Santiago está obsoleta” – indica o presidente da Cámara de Comercio compostelá, Jesús Asorey–. 

Neste punto, Asorey explica que ante a falta actual de financiamento para a construción da nova sede en Santa Marta, segundo declarou recentemente o alcalde da cidade, é preciso buscar novas fórmulas para atender a demanda dos estudantes. “Poderíanse dar clases nun centro público da cidade nos seus horarios libres de tarde-noite” –sinalou–. 

No ano 2000, a Cámara de Comercio formou parte dunha plataforma cidadá que reclamaba a creación da EOI na cidade, en liña co seu interese por reforzar a oferta de clases oficiais idiomas de Santiago e intervindo de maneira definitiva na súa consecución. Finalmente, o daquela conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Celso Currás, anunciou a posta en marcha da Escola no curso 2001-2002. A EOI situouse no antigo colexio de Vite II, que foi sometido a unha profunda reforma para poder albergar esta formación lingüística. 

Campaña promocional de idiomas 

Ante a necesidade de recuperar o tecido universitario de Compostela, a Cámara de Comercio considera preciso, entre outras posibles medidas, a mellora da oferta de clases de español para estranxeiros. Segundo o presidente, a cidade dispón de atractivos suficientes, en materia cultural, monumental e de actividades de ocio, ademais de prezos accesibles e económicos no aloxamento, para atraer a un maior número de estudantes, seguindo o exemplo da cidade universitaria de Salamanca. Para alcanzar este obxectivo, Jesús Asorey solicita o apoio doutras entidades e organismos públicos da cidade para traballar conxuntamente en prol do sistema universitario. 

Instituto Cameral de Idiomas 

No seu afán por formar á cidadanía en materia de idiomas, a Cámara de Comercio creou este ano o Instituto Cameral de Idiomas de Santiago de Compostela (ICISC), para capacitar ao seu alumnado no axeitado uso dos idiomas, facilitando un nivel óptimo de comunicación cos interlocutores educativos, empresariais e profesionais tanto a nivel local como internacional. Oferta clases de inglés, francés, alemán e chinés que se poderán acreditar por las principais entidades certificadoras, dentro do Marco Común Europeo de Referencias para as Linguas do Consello de Europa (MCER). O ICISC imparte clases de iniciación básico (A1), iniciación avanzado (A2), grao primeiro (B1), grao segundo (B2) ou grao terceiro (C1) para alumnos con dezaoito anos cumpridos. Os cursos, que contan cunha duración de nove meses, desenvolveranse de outubro a xuño de 2015. O prazo de matrícula rematará o día 6 de outubro.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela