aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias Conozca todo sobre Patentes y Marcas Gratis! IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


16/09/2014:  A Cámara de Comercio pon ao día aos empresarios en innovación empresarial a través da ferramenta design thinking, usada por Google e Apple

A xornada celebrarase o próximo martes-23 no salón de actos, a partir das 11:00 horas

 

A entidade ofrece tamén unha sesión sobre o servizo de mediación civil e mercantil e un curso de Excel este mes de setembro

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014.-

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organizará a vindeira semana dúas xornadas sobre innovación empresarial e mediación, as primeiras actividades da súa programación formativa do segundo semestre do ano.

 

O martes, día 23, o salón de actos cameral acollerá a celebración da xornada "Design Thinking, a ferramenta de moda en innovación empresarial", a partir das 11:00 horas. O obxectivo desta actividade gratuíta é achegar ás empresas e profesionais as ferramentas e metodoloxías máis avanzadas para detectar necesidades e resolver problemas nos niveis empresarial e social, apostando pola innovación como un proceso colectivo. Conta con financiamento do Fondo Social Europeo.

A xornada estará impartida polo deseñador de produto e co-fundador do estudo Vermis Project, Marcos Saavedra, o psicólogo empresarial en EADA, José Ramón Rodríguez, e o responsable de proxectos da empresa de comunicación e formación Xurdir, Miguel Seoane. Está dirixida a profesionais interesados en ampliar as súas capacidades nos campos da creatividade, traballo en equipo e intelixencia emocional.

 

Segundo explican os relatores, o design thinking é o pensamento do deseño, unha metodoloxía centrada nas persoas que axudan a resolver problemas complexos e detectar necesidades de mercado, aportando enfoques diferentes e testando produto, marca ou servizo antes de comercializalo ou poñelo en práctica.

 

Actualmente, esta metodoloxía está promovida pola Universidade de Stanford e xa a utilizan grandes empresas internacionais como Intel, Google, Apple ou Toyota. Esta ferramenta de innovación permite analizar ao usuario en detalle, potenciando o proceso creativo e a busca de novas ideas, conseguindo un número elevado de solucións ben definidas e testando produto co seu público obxectivo, coa finalidade de aumentar as súas posibilidades de éxito. O design thinking é un método de traballo que resolve de xeito eficaz os problemas, grazas ao bo facer conxunto dun equipo multidisciplinar.

 

Solución de conflitos no ámbito empresarial

 

 

 

 

Por outra parte, a Cámara de Comercio de Santiago celebrará o próximo día 24 unha xornada informativa, de carácter gratuíto, sobre mediación civil e mercantil. Estará impartida pola responsable do servizo de Mediación da Cámara, Rosa Cardeso, a catedrática de Filosofía do Dereito da USC, Milagros Otero, e a catedrática de Dereito Procesal da Universidade de Vigo, Esther Pillado.

 

A finalidade é dar a coñecer aos empresarios a mediación en asuntos civís e mercantís e as súas vantaxes para as pemes, ademais de analizar o papel do mediador. A Cámara de Comercio, como Institución de Mediación, conta cun equipo de mediadores que pode desenvolver labores de mediación entre empresas enfrontadas por conflitos. É un novo servizo que pon a disposición dos empresarios da demarcación cameral unha ferramenta que lles permitirá abaratar custos e aforrar tempo nos longos procesos xudiciais.

 

Con este servizo axudarase a alcanzar unha solución satisfactoria para ambas partes, se así o desexan, empregando ferramentas que as axuden a dialogar, aproximar posicións e, no seu caso, resolver o problema, sempre de maneira amistosa e sen formalidades, respectando o criterio de confidencialidade e o de voluntariedade. O mediador é un terceiro que realiza unha labor de intermediación entre as partes, establecendo pontes de comunicación entre elas, pero en ningún caso impón a negociación. Son as partes as verdadeiras protagonistas durante todo o proceso, as que manteñen o control en todo momento e as que poden decidir libremente se inicialo, continualo ou dalo por finalizado, con ou sen acordo.  Esta nova función foi aprobada en marzo de 2012 no Real Decreto-Lei 5/2012, que reforma a Lei 3/1993 das Cámaras de Comercio españolas onde só se contemplaba a arbitraxe. Algunhas materias que se atenden son os conflitos entre clientes e provedores, contratación telefónica, servizos telemáticos ou eléctricos, transporte de mercadorías, compravenda mercantil ou contratos de seguros.

 

Xestión de datos co programa Excel

 

Ademais, a Cámara de Comercio iniciará un curso de xestión de datos con follas de cálculo Excel, o vindeiro día 29 de setembro. Impartirase en horario de 20:00 a 22:00 horas ata o día 2 de outubro. O curso está dirixido ás empresas interesadas en realizar operacións, cálculos e tratamento de datos de maneira eficaz e competitiva. Estará impartido polo experto en informática Francisco Ramos.

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela