aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


23/09/2014:  A Cámara de Comercio de Santiago celebra este xoves unha xornada sobre as oportunidades comerciais e de investimento en Colombia

Participarán representantes de empresas colombianas para informar sobre as vantaxes de internacionalizar neste destino 

O prazo de inscrición gratuíta aínda está aberto para as empresas interesadas 

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o xoves, día 25, unha xornada sobre “Oportunidades comerciais e de investimento en Colombia”, na que poderán participar todas as empresas interesadas en coñecer o mercado e as posibilidades de acordos comerciais con este país latinoamericano. Actualmente hai anotadas dezasete empresas, pero aínda está aberto o prazo de inscrición gratuíta. 

O presidente da Cámara, Jesús Asorey, inaugurará a xornada ás 9:00 horas. O director executivo de Invest in Bogotá, Juan Gabriel Pérez, ofrecerá unha primeira charla sobre as características e as oportunidades únicas do mercado colombiano. A continuación, intervirá Juan Manuel Díaz, do Gabinete Cremades & Calvo Sotelo para falar sobre os aspectos legais do investimento en Colombia e os seus beneficios e incentivos. E finalmente, o presidente da Zona Franca Bogotá, Juan Pablo Rivera, fará unha reflexión sobre as vantaxes da zona franca de Bogotá. 

O día 2 de outubro celebrarase unha segunda sesión informativa sobre o mercado exterior de Perú. O técnico do departamento de Promoción Internacional da Cámara de Comercio, Fernando Pérez-Soba, destaca que ambos países son de “máximo interese estratéxico” para as empresas españolas. Así, estas xornadas poden axudar e informar sobre os aspectos esenciais destes países e servir de base ás empresas galegas para internacionalizarse en ambos destinos.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela