aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


24/09/2014:  A Cámara de Comercio de Santiago organiza unha sesión sobre o servizo de mediación civil e mercantil

ASUNTO            Xornada informativa: “A mediación en asuntos civís e mercantís. Alternativa á solución de conflitos no ámbito empresarial” 

 

ORGANIZA        Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

 

RELATORES    Rosa Cardeso

                            responsable do servizo de Mediación da Cámara de Comercio de Santiago

                       Milagros Otero 

                            catedrática de Filosofía do Dereito da USC

                       Esther Pillado

                                    catedrática de Dereito Procesal da Universidade de Vigo

 

LUGAR               Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

rúa San Pedro de Mezonzo, 44 –Santiago–

 DATA                  Mañá mércores, 24 de setembro                                          

HORA                 19:30 horas

 

A Cámara de Comercio de Santiago organiza unha sesión sobre o servizo de mediación civil e mercantil 

Celebrarase mañá mércores ás 19:30 horas 

A Cámara de Comercio de Santiago, Industria, Servizo e Navegación de Santiago de Compostela celebrará mañá mércores, día 24, unha xornada informativa, de carácter gratuíto, sobre mediación civil e mercantil, titulada “A mediación en asuntos civís e mercantís. Alternativa á solución de conflitos no ámbito empresarial”, ás 19:30 horas. Estará impartida pola responsable do servizo de Mediación e Creación de Empresas da Cámara, Rosa Cardeso, a catedrática de Filosofía do Dereito da USC, Milagros Otero, e a catedrática de Dereito Procesal da Universidade de Vigo, Esther Pillado

A finalidade é dar a coñecer aos empresarios a mediación en asuntos civís e mercantís e as súas vantaxes para as pemes, ademais de analizar o papel do mediador. A Cámara de Comercio, como Institución de Mediación, conta cun equipo de mediadores que pode desenvolver labores de mediación entre empresas enfrontadas por conflitos. É un novo servizo que pon a disposición dos empresarios da demarcación cameral unha ferramenta que lles permitirá abaratar custos e aforrar tempo nos longos procesos xudiciais.  

Con este servizo axudarase a alcanzar unha solución satisfactoria para ambas partes, se así o desexan, empregando ferramentas que as axuden a dialogar, aproximar posicións e, no seu caso, resolver o problema, sempre de maneira amistosa e sen formalidades, respectando o criterio de confidencialidade e o de voluntariedade. O mediador é un terceiro que realiza unha labor de intermediación entre as partes, establecendo pontes de comunicación entre elas, pero en ningún caso impón a negociación. Son as partes as verdadeiras protagonistas durante todo o proceso, as que manteñen o control en todo momento e as que poden decidir libremente se inicialo, continualo ou dalo por finalizado, con ou sen acordo.  

Esta nova función foi aprobada en marzo de 2012 no Real Decreto-Lei 5/2012, que reforma a Lei 3/1993 das Cámaras de Comercio españolas onde só se contemplaba a arbitraxe. Algunhas materias que se atenden son os conflitos entre clientes e provedores, contratación telefónica, servizos telemáticos ou eléctricos, transporte de mercadorías, compravenda mercantil ou contratos de seguros.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela