aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


26/09/2014:  Vinte e seis emprendedores fórmanse na Cámara de Comercio para iniciar os seus proxectos empresariais

A entidade clausurou hoxe un programa de creación e consolidación de empresas no viveiro de Costa Vella 

Colaboran nesta edición a Consellería de Traballo e a Fundación Incyde, con apoio do Fondo Social Europeo 

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela clausurou hoxe un programa formativo de creación e consolidación de empresas no viveiro de Costa Vella coa entrega de diplomas aos vinte e seis alumnos participantes. O acto estivo presidido polo titular da Cámara, Jesús Asorey, e o secretario Xeral da entidade, Fernando Barros, acompañado polo director do Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación Incyde), Javier Collado. O programa conta ademais coa colaboración da Consellería de Traballo e está financiado polo Fondo Social Europeo. 

Jesús Asorey manifestou a súa satisfacción pola realización deste programa e desexou aos alumnos unha consolidación “frutífera” dos proxectos empresariais. Ademais, lembrou a disposición permanente do persoal do viveiro de empresas para resolver as dúbidas dos emprendedores. 

Na súa quenda, Javier Collado resaltou a importante participación de mulleres no programa, que suman máis da metade de alumnos. Este índice demostra, en opinión de Collado, a importancia prestada por Incyde á “incorporación de la mujer al mundo de la empresa”. Igualmente, o director da fundación destacou o perfil xuvenil dos alumnos, de 30 a 35 anos. 

O programa pechouse con vinte e catro proxectos empresariais 

O curso está dirixido fundamentalmente a persoas con iniciativas emprendedoras que necesiten coñecer a viabilidade da súa idea de negocio e adquirir os coñecementos necesarios para poñela en marcha, ou ben a empresarios que queiran facer rendible a súa empresa. Celebrouse do 2 de xuño ao 1 de agosto na incubadora cameral. O acto contou coa presenza de varios emprendedores que realizaron unha exposición sobre a evolución do seu proxecto. Foron Fernando Fontenla e Montserrat Rodríguez, co Cultivo de Hortalizas Hidropónicas –Hortodolmen–, e Ángel Castro, de Acar Gestión de Flota. En total, presentáronse vinte e catro proxectos

Ángel Castro puxo en marcha o seu proxecto hai aproximadamente tres meses, dirixido á zona noroeste da península. Está centrado na xestión da flota de vehículos dunha empresa, con máis de vinte coches, e os procedementos para o seu mantemento. O fin da idea empresarial é reducir o gasto en coches e persoal. 

Introdución da “leituga viva” en Galicia 

Pola súa parte, Fernando Fontenla explicou o seu proxecto de explotación agraria de hortalizas en invernadoiros. Contan xa cun terro en Boqueixón de máis de 1.000 metros cadrados para cultivo. Sementaranse leitugas, tomates e feixóns por medios dun cultivo con solucións nutritivas. Segundo indicou, o obxecto é conseguir maior cantidade de hortalizas, con máis calidade, precocidade na colleita, máis eficiencia no uso da auga e menor vulnerabilidade por pragas. “Un dos nosos propósitos é introducir en Galicia a leituga viva, un produto que se vende coa súa raíz nunha bolsa especial que permite a súa conservación durante máis de tres semanas” –destacou–.

 O programa, impartido polo director de proxectos de Incyde, Jesús Marciel, organizouse co obxecto de mellorar, mediante a formación e o asesoramento, a xestión empresarial da pequena e mediana empresa (peme), desenvolver iniciativas dirixidas ao autoemprego e creación de empresas e de adaptar as pemes aos novos mercados. Así, o obxecto final foi a obtención dun plan de empresa baseado nunha idea empresarial, ademais de conseguir a mellora da competitividade do negocio xa existente. 

A elaboración dun proxecto de empresa completo serve de guía para o arranque do negocio e tamén como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financeiras. Ademais, os emprendedores que asisten a este programa poderanse acoller a Redempresa, unha rede creada para fomentar contactos entre empresas de sectores comúns ou complementarios, que poidan compartir problemas e solucións similares, intentando facilitar o intercambio de coñecementos do sector. 

O valor da comunicación das empresas nos medios sociais 

Ademais, a Cámara de Comercio ofreceu aos alumnos unha acción formativa gratuíta previa á clausura do programa, a xornada Impulso, dedicada ao valor da posición e comunicación da empresa nos medios dixitais. Foi impartida polo consultor, blogger e Community Manager Jorge Hierro. 

O experto explicou que a implantación dunha “correcta, clara y acordada estrategia de comunicación en medios sociais” permite ás empresas unha mellora da posición en Internet, así como a consolidación dunha marca en todas as plataformas de comunicación que están a disposición dos usuarios. “Los buscadores, directorios Web, foros, redes sociales y las plataformas de comunicación en tiempo real se han convertido en el punto de entrada para dar a conocer nuestros servicios y productos” –apuntou–.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela