aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


30/09/2014:  A Cámara de Comercio de Santiago inicia un plan gratuíto para mellorar e modernizar os negocios comerciais da cidade e a comarca

Realizaranse programas de asesoramento a emprendedores, relevo no comercio, iniciación na venda electrónica e redes sociais, orientación no punto de venda e un estudo das prazas de abastos 

Conta co financiamento da Consellería de Economía e Industria 

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela pon en marcha o Plan de apoio ao sector comercial galego 2014 da man da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Esta iniciativa, de carácter gratuíto para empresas e emprendedores, é un programa indicado para mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, promover a creación dun novo tecido comercial, favorecer a modernización dos negocios, ademais de fomentar o uso das novas tecnoloxías nos sistemas de xestión empresarial e apoiar o relevo no negocio. Poderá participar nos diversos programas calquera peme ou emprendedor do sector do comercio da demarcación cameral que terá que inscribirse nas dependencias da Cámara de Comercio (sede cameral, viveiro de empresas de Costa Vella ou Antena Local de Boiro). 

O plan inclúe un programa de asesoramento a emprendedores e servizo de xeomarketing comercial. Está orientado a fomentar a creación de novas pemes comerciais, ofrecendo consellos e respaldo ao emprendedor no inicio do seu negocio en cuestión de trámites e información de axudas, lexislación ou fórmulas comerciais. Así, a Cámara de Comercio de Santiago axudará ao novo emprendedor a tramitar ante os organismos pertinentes a documentación necesaria a través do Punto de Atención ao Emprendedor (PAE) das Cámaras de Comercio, integrado no sistema informático Circe (Centro de Información y Red de Creación de Empresas). 

Ademais, os participantes recibirán un informe de xeomarketing para coñecer a área de influencia onde se localizará o negocio, descubrindo os detalles da súa clientela potencial, a competencia e o oco de mercado. Segundo explican desde a Cámara, estes informes permiten avaliar as oportunidades de negocio combinando información con bases de datos de empresas, datos socio demográficos, cartográficos e estatísticos. 

O seguinte programa será de apoio ao relevo comercial para que as pemes continúen coa súa actividade unha vez que os seus propietarios ou arrendatarios decidan abandonar o negocio. Ofrecerase titorización para realizar o contrato de traspaso e o resto de trámites. A Cámara ofrecerá tamén ao novo comerciante información sobre técnicas de márketing durante a primeira semana de actividade.

Outro programa complementario centrará esforzos na iniciación ao comercio electrónico e redes sociais co obxecto de aumentar as vendas mediante o uso destas canles de comercialización. Haberá tamén unha actividade indicada para o asesoramento ao comercio no punto de venda, destinada á consolidación e crecemento dos negocios comerciais e á adaptación dos novos hábitos de consumo dos clientes. Os comercios terán a súa disposición un asesoramento personalizado e un completo diagnóstico da súa situación. Como resultado do traballo, os comercios recibirán un informe de propostas e recomendacións e un terán un seguimento da súa implantación. 

Mellora das prazas de abastos de Santiago de Compostela, Boiro, Padrón, Noia, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira 

Finalmente, o plan inclúe un estudo de situación das prazas de abastos. A Cámara de Comercio de Santiago identificará o estado de situación das prazas de abastos da súa demarcación (Santiago de Compostela, Boiro, Padrón, Noia, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira). Realizará unha análise Dafo, recompilará información xeral sobre o estado estrutural da praza, fará un perfil comercial e identificará accións de dinamización comercial.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela