aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


15/10/2014:  A Cámara de Comercio de Santiago asiste a unha reunión de traballo en Turquía sobre o proxecto europeo Entrepreneur 2.0.

Analizarán o desenvolvemento do programa e concretarán as características dos seus usuarios 

Colaboran empresas e entidades de Grecia, Turquía, República Checa, Irlanda, Eslovenia e Lituania 

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela participará mañá xoves e o venres nunha reunión de traballo do proxecto Leonardo da Unión Europea Entrepreneur 2.0., en Turquía. O proxecto céntrase en abrir o emprendemento en Europa aos desempregados por medio das ferramentas 2.0 e os servizos da nube. 

A técnico do departamento de Proxecto da Cámara de Comercio, Belén Mendoza, viaxou á cidade turca de Eskişehir para asistir a unha reunión de pilotaxe do proxecto, que se estenderá ata xullo de 2015. O proxecto conta coa participación de varios socios e colaboradores e empresas de Grecia, Turquía, República Checa, Irlanda, Eslovenia, Lituania, ademais da Cámara de Comercio de Santiago. Na xuntanza, o conxunto de socios ou partenariado analizará o desenvolvemento do proxecto, revisando os pros e os contras, valorará as súas funcións e usabilidade e concretará o perfil dos usuarios. 

O proxecto está dirixido a desempregados, emprendedores, autónomos, pemes e micropemes de países europeos que queren afrontan a crise actual e converterse en empresarios de nova xeración capaz de usar as tecnoloxías do contorno dixital para potenciar os seus produtos e servizos nos mercados situados fóra das súas fronteiras. 

A intervención neste tipo de proxectos, permitirá á Cámara de Comercio cooperar a nivel europeo, establecer unha rede de contactos en materia de emprendemento,  contar cun catálogo actualizado de ferramentas e materiais accesibles para emprendedores que queiran saír ao exterior a baixo custo e uns contidos para formación de desempregados baseados nas novas tecnoloxías.

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela