aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


15/10/2014:  A Cámara de Comercio ofrece aos comercios do Barbanza un programa gratuíto de modernización dos seus negocios

Financiado pola Consellería de Economía, permite poñerse ao día na implementación de novas tecnoloxías e xestión empresarial 

Celebrarase mañá xoves unha reunión informativa, ás 20:30 horas, na Asociación de Empresarios de Riveira 

Barbanza, 15 de outubro de 2014.- A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrará mañá xoves, día 16, unha xornada informativa sobre o Plan de apoio ao sector comercial galego 2014 na Asociación de Empresarios de Riveira (avenida Rosalía de Castro, 13), ás 20:30 horas. Estará dirixida polo secretario xeral da entidade, Fernando Barros, a coordinadora do programa, Isabel Garrido, e a responsable da Antena Local de Boiro, Sandra Becerra.  Este programa de fomento do sector comercial galego executarase no mes de outubro e novembro da man da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. 

Esta iniciativa, de carácter gratuíto para empresas e emprendedores, é un programa indicado para mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, promover a creación dun novo tecido comercial, favorecer a modernización dos negocios, ademais de fomentar o uso das novas tecnoloxías nos sistemas de xestión empresarial e apoiar o relevo no negocio. Poderá participar nos diversos programas calquera peme ou emprendedor do sector comercial da comarca do Barbanza –Concellos de Boiro, Rianxo, Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son–, e do resto da demarcación cameral, que terá que inscribirse nas dependencias da Cámara de Comercio (sede cameral, viveiro de Costa Vella ou Antena Local de Boiro). 

O plan inclúe un programa de asesoramento a emprendedores e servizo de xeomarketing comercial. Está orientado a fomentar a creación de novas pemes comerciais, ofrecendo consellos e respaldo ao emprendedor no inicio do seu negocio en cuestión de trámites e información de axudas, lexislación ou fórmulas comerciais. Así, a Cámara de Comercio de Santiago axudará ao novo emprendedor a tramitar ante os organismos pertinentes a documentación necesaria a través do Punto de Atención ao Emprendedor (PAE) das Cámaras de Comercio, integrado no sistema informático Circe (Centro de Información y Red de Creación de Empresas). 

Ademais, os participantes recibirán un informe de xeomárketing para coñecer a área de influencia onde se localizará o negocio, descubrindo os detalles da súa clientela potencial, a competencia e o oco de mercado. Segundo explican desde a Cámara, estes informes permiten avaliar as oportunidades de negocio combinando información con bases de datos de empresas, datos socio demográficos, cartográficos e estatísticos. 

O seguinte programa será de apoio ao relevo comercial para que as pemes continúen coa súa actividade unha vez que os seus propietarios ou arrendatarios decidan abandonar o negocio. Ofrecerase titorización para realizar o contrato de traspaso e o resto de trámites. A Cámara ofrecerá tamén ao novo comerciante información sobre técnicas de márketing durante a primeira semana de actividade. 

Outro programa complementario centrará esforzos na iniciación ao comercio electrónico e redes sociais co obxecto de aumentar as vendas mediante o uso destas canles de comercialización. Haberá tamén unha actividade indicada para o asesoramento ao comercio no punto de venda, destinada á consolidación e crecemento dos negocios comerciais e á adaptación dos novos hábitos de consumo dos clientes. Os comercios terán a súa disposición un asesoramento personalizado e un completo diagnóstico da súa situación. Como resultado do traballo, os comercios recibirán un informe de propostas e un terán un seguimento da súa implantación.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela