aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


16/10/2014:  Continúa aberto o prazo de matrícula do Instituto Cameral de Idiomas ata o 31 de outubro

Os alumnos poderán cursar inglés, francés, alemán e chinés e conseguir unha certificación oficial 

As clases impartiranse desde mediados de novembro a xuño de 2015 nas aulas formativas da Cámara de Comercio de Santiago 

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014.- O Instituto Cameral de Idiomas de Santiago de Compostela (ICISC) está ultimando as clases de idiomas do seguinte curso. Os alumnos interesados poderán matricularse ata o vindeiro día 31 de outubro a través dunha prescrición por medio da páxina www.camaracompostela.com, de forma presencial na sede da entidade (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo), no telefono 981 59 68 00 e no correo icisc@camaracompostela.com

O ICISC ten o obxecto de capacitar ao alumnado dun axeitado uso dos idiomas, ofrecéndolle un nivel óptimo de comunicación cos interlocutores educativos, empresariais ou profesionais a nivel local e internacional. Ofreceranse clases de inglés, francés, alemán e chinés que se poderán acreditar polas principais entidades certificadoras, dentro do Marco Común Europeo de Referencias para as Linguas do Consello de Europa (MCER), como son University of Cambridge, Institut Français, Goethe-Instituto Confucio. 

A Cámara de Comercio abre este novo servizo para ofrecer aos alumnos unha formación lingüística de calidade, onde se realizará unha proba de nivel para conseguir a orientación axeitada, contarase coa axuda de profesores cualificados e nativos e con ampla experiencia que empregarán os mellores materiais didácticos e as técnicas de aprendizaxe máis efectivas. Para conseguir resultados óptimos, os docentes farán un seguimento individualizado do rendemento académico do alumno para garantir que poidan superar as probas e conseguir os certificados oficiais. 

O ICISC ofrecerá clases de iniciación básico (A1), iniciación avanzado (A2), grao primeiro (B1), grao segundo (B2) ou grao terceiro (C1) para alumnos con dezaoito anos cumpridos. O curso, que contará cunha duración de nove meses, desenvolveranse desde mediados do mes de novembro ata xuño de 2015 en horario de luns e mércores ou de martes e xoves, en grupos dun máximo de vinte alumnos. Será obrigatoria a asistencia ao 75 por cento do curso.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela