aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


18/10/2014:  Os comerciantes da Pobra do Caramiñal toman nota das novas posibilidades das redes sociais

Asistirán a unha xornada organizada pola Antena Local de Boiro o xoves-23 na Tenda Escola O Deán 

Barbanza, 18 de outubro de 2014.- A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago celebrará o vindeiro xoves, día 23, unha xornada gratuíta sobre como deseñar unha estratexia comercial efectiva en redes sociais na Tenda Escola O Deán da Asociación do Pequeno Comercio de Pobra do Caramiñal (Rúa Rafael Calleja, 11), entre ás 21:00 e as 23:00 horas. 

O experto en comercio electrónico e redes sociais Santiago Paz explicará nesta máster class o valor que aportan as redes sociais ao pequeno comercio, falará das redes máis destacadas e como abrir un perfil de empresa. Ademais, tratará de orientar aos máis de vinte participantes na planificación dos contidos e a organización semanal das publicacións en redes sociais a través dunha plataforma web. 

Outra das orientacións que facilitará Santiago Paz será sobre os tipos de contidos a publicar, centrándose nos produtos e na posibilidade de facer sorteos e concursos co obxecto de darlle visibilidade á marca. Un aspecto importante que comentará o experto é como deben reaccionar os empresarios para dar resposta a unha eventual reclamación ou mala publicidade a través das redes sociais. 

Un paso máis para que os comerciantes se convertan en auténticos community managers será aprender a analizar as estatísticas de Facebook para optimizar a súa estratexia comunicativa. E tamén comezarán a manexar os trucos da publicidade en redes sociais, aprendendo a facer un anuncio ou promocionar un post. 

Santiago Paz é o xerente e director comercial da empresa Dos Espacios e ten unha ampla experiencia impartindo charlas, cursos e seminarios. Ten coñecemento e experiencia en todas as patas que sustentan o ecommerce, loxística, medios de pago, marcas de roupa e programas de xestión.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela