aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


20/10/2014:  Os empresarios do Barbanza mantéñense esperanzados e auguran un final de ano con melloras económicas

O Observatorio Económico da Antena Local da Cámara de Comercio presenta un novo indicador de confianza empresarial, realizado con 1.106 enquisas a empresas de Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son 

Santiago-Boiro, 20 de outubro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta o Indicador de Confianza Empresarial (ICE) da Comarca do Barbanza correspondente ao terceiro trimestre de 2014. O ICE Barbanza é un informe que reflicte a situación do último trimestre e as expectativas para o seguinte período nos sectores da construción, industria, comercio, hostalería e sector servizos. Nesta ocasión, o indicador de confianza empresarial sitúase en –0,11 puntos, un valor aínda negativo pero moi alonxado das cifras pesimistas dos últimos anos para este mesmo período. 

En canto ao índice de situación que se extrae do informe, as cifras mostran que o terceiro trimestre do ano ofrece un saldo negativo, con –3,4 puntos, que non se corresponde cos expectativas claramente positivas marcadas no trimestre anterior co 10 puntos. Pola contra, o índice de expectativas do empresario para o cuarto trimestre de 2014 establécese en 3,2 puntos, resultado que mantén un ton bastante esperanzador pero moi por debaixo do optimismo do trimestre pasado. 

A continuación exponse un desglose por situación e expectativas:

- ICE: – 0,11 (2,9 no período anterior)

- Índice de Situación: – 3,4 (– 4,2 no período anterior)

- Índice de Expectativas: 3,2 (10 no período anterior)

Todos os sectores obxecto de estudo están marcados por cifras negativas correspondentes ao trimestre pasado e un marcado carácter positivo en relación ao trimestre futuro, agás nos sectores da construción e a industria onde aínda persisten as expectativas negativas. A confianza empresarial presenta cifras positivas nos sectores do comercio e a hostalería, mentres que na industria, servizos e construción séguense alcanzando datos negativos. É preciso destacar que a confianza negativa na construción comézase a suavizar. 

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) para o terceiro e cuarto trimestre de 2014 sobre a Comunidade Autónoma de Galicia, obtense unha comparativa das opinións respecto á situación e ás expectativas a nivel nacional, Galicia e Barbanza.  Sobre a situación no terceiro trimestre do ano, esta comparativa indica que un 15,8% das empresas españolas amosa unha opinión favorable da súa situación económica, un 55,6% opina que a súa situación é estable e un 28,6% ofrece unha opinión pesimista. A nivel Galicia, un 12,9% das empresas son optimistas, un 57,6% teñen opinións normais e un 29,5% son pesimistas. Segundo estes datos, o 26,3% das empresas do Barbanza amosan optimismo, un 44,9% sosteñen opinións lineais e un 28,7% son negativas ante a situación económica actual. 

O ICE, que é froito do traballo dos técnicos do Observatorio Económico da Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago, analiza trimestralmente as perspectivas das sociedades a partir da cifra de negocio, emprego, prezos, investimento e exportacións. Úsanse dous baremos: o Índice de Situación (que se refire á confianza actual do empresariado) e o Índice de Expectativas (que se refire á confianza do empresariado para o seguinte trimestre). Os dous oscilan entre –100 e +100, de tal forma que os valores positivos indican avances, mentres que os negativos sinalan retroceso da actividade.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela