aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


20/10/2014:  A Cámara de Comercio de Santiago acolle unha xornada que ofrece as claves para contratar axentes comerciais internacionais

Tamén organiza un curso de xestión de PEMEs e outro para elaborar presentacións con Prezi 

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014 (Vía Láctea Comunicación).- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela organiza este mércores, día 22, unha xornada para explicar as claves na contratación de axentes comerciais internacionais. Estudaranse as diversas formas de presenza internacional, a figura do axente comercial nas distintas fases de selección e o contrato de axencia atendendo á súa normativa actual. Impartirase entre as 10:00 e as 13:00 horas na sede cameral. A asistencia é gratuíta e as inscricións deberán realizarse na páxina web www.camaracompostela.com

Ademais, a Cámara de Comercio tamén iniciará proximamente un curso para elaborar presentacións coa aplicación Prezi e outro de xestión de PEMEs. O primeiro deles celebrarase no local da entidade entre os días 27 e 31 de outubro. Nel explicarase como elaborar de maneira práctica, dinámica e creativa as exposicións dixitais para comunicar con éxito e orixinalidade determinadas ideas ou proxectos a unha audiencia. Esta ferramenta multimedia, semellante a un encerado interactivo, permite combinar gran cantidade de textos, imaxes, vídeos e sons. 

A seguinte acción formativa terá lugar no Centro de Formación da Cámara do 27 de outubro ata o 7 de novembro. O curso de xestión de pemes pretende facilitar aos asistentes as ferramentas necesarias para acadar un control íntegro das empresas desde un punto de vista legal, atendendo ás obrigas fiscais e laborais –contratos, nóminas, Seguridade Social–. Tamén prestará atención aos custos que lles permitan maximizar o beneficio do seu negocio. Está dirixido a administradores de pequenas e medianas empresas e persoal autónomo. 

Ámbolos dous cursos impartiranse en horario de 20:00 a 22:00 horas e aínda que non se require titulación específica, é recomendable ter uns coñecementos básicos da materia. 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela