aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


25/10/2014:  A Cámara de Comercio celebrará unha xornada gratuíta sobre o valor do dominio .GAL como sinal de identidade das empresas galegas

Explicarase a importancia dos dominios de Internet como marcas dixitais 

Desenvolverase o vindeiro martes no salón de actos da entidade, entre as 10:00 e as 14:00 horas 

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o próximo martes, día 28, unha xornada gratuíta sobre a “Imaxe da empresa e a marca na rede. Dominios .GAL, a túa identidade”. Terá lugar no salón de actos da entidade, entre as 10:00 e as 14:00 horas. 

A xornada estará impartida pola directora do departamento de Dominios da empresa Herreros & Asociados, Vicky Ruiz, que explicará a función e o valor empresarial dos dominios de Internet e o procedemento de rexistro, nun contorno online actual que provoca a necesidade de reinventar novas estratexias de markéting dixital e a adiantarse á futura realidade. 

A xornada pon de manifesto a importancia que ten para as empresas os dominios de Internet, xa que estes convertéronse en marcas dixitais, sendo imprescindibles para a promoción de actividades e produtos, a interrelación con clientes e provedores, o e-commerce e para a publicidade. En concreto, existen dominios específicos como o .tienda, dirixido ás empresas de venda online, .company, .food ou .menu destinados ás firmas de alimentación, .guru, .technology, .tips, .photos ou .systems., que forman parte dos 1.700 dominios xa aprobados pola entidade Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN) e que entrarán en funcionamento de forma paulatina durante os próximos meses cun prezo axustado. 

Explicaranse que son estes novos dominios de nivel superior xenéricos ou GTLDs e como van cambiar o futuro de Internet, facendo especial fincapé no dominio .GAL como identidade de todos os galegos. “El dominio .GAL servirá como identificación del origen geográfico de la empresa, aportando un valor añadido a los productos, sobre todo en sectores como la alimentación y el textil gallego” –explica–. Como requisito para o seu rexistro estas páxinas web terán que ter un contido mínimo en galego. Ademais, a experta sinala que o uso destes novos dominios pode ser moi importante pola súa preferencia no posicionamento en buscadores de Internet como Google. 

Vicky Ruiz describirá tamén a posta en marcha do Trademark Clearinghouse, o mecanismo máis importante creado para protexer as marcas e dereitos de propiedade industrial de empresas e particulares de todo o mundo.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela