aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


27/10/2014:  A Antena Local de Boiro ofrece unha xornada informativa sobre a seguridade alimentaria na hostalería

Impartiranse o martes pola tarde na Asociación de Empresarios de Riveira 

Ribeira, 25 de outubro de 2014 .- A Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago organiza o vindeiro martes, día 28, unha xornada gratuíta sobre seguridade alimentaria no sector hostaleiro na Asociación de Empresarios de Riveira (rúa Rosalía de Castro,13, entrechán), entre ás 16:00 e as 18:00 horas. Contará coa asistencia de aproximadamente 20 hostaleiros de Ribeira e a comarca. 

O director técnico da empresa Bioambiental de Ribeira, o veterinario Cipriano Pozas, impartirá a xornada. Explicará que é a seguridade alimentaria e a necesidade da súa implantación segundo as normativas ou esixencias lexislativas sobre seguridade alimentaria e a súa interpretación por parte das autoridades sanitarias, en beneficio do propio establecemento ou para os clientes. 

En concreto, no sector da hostalería son necesarios certos requisitos relacionados cos plans de hixiene ou o Sistema de Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico (APPCC), un sistema de alcance internacional orientado a garantir a seguridade dos alimentos desde un enfoque preventivo. Cipriano Pozas indica que se trata de informes que soen pedir as autoridades sanitarias para implantar este sistema nos distintos tipos de establecementos hostaleiros. 

Neste punto, Pozas destaca que os locais de hostalería deben superar unha serie de rexistros para establecer o desenvolvemento de determinadas actividades e controis establecidos nos plans de seguridade alimentaria, de tal xeito que se poida demostrar a súa aplicación e efectividade. Fanse rexistros de vixilancia de PCC, de accións correctoras ante desviacións nos límites críticos, de resultados de verificación e rexistros de actividades.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela