aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Ciclo de Conferencias Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


27/10/2014:  Empresas e emprendedores recibirán nocións sobre innovación nunha nova xornada da Feira do Coñecemento

Intercambiarán opinións con centros de coñecemento e analizarán a metodoloxía Canvas 

Celebrarase o mércores, día 29, no salón de actos da Cámara de Comercio de Santiago 

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014.- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará este mércores, día 29, unha xornada de innovación enmarcada dentro do programa Feira do Coñecemento, titulada “Modelos de negocios coa metodoloxía Canvas”. Celebrarase no salón de actos da Cámara de Comercio entre as 10:00 e as 13:00 horas. 

Esta actividade terá un formato de formación e networking sobre a transferencia do  coñecemento, dirixida a pequenas e medianas empresas que poidan estar interesadas en contactar con centros de coñecemento –centros tecnolóxicos ou universidades– para promover unha innovación máis aberta e estratéxica. 

O obxecto da xornada será integrar o tecido das pemes no modelo de innovación, onde unha relación cos centros de coñecemento pode constituír oportunidades de negocio importantes. Ademais, a formación está indicada para consolidar conceptos básicos de xestión do talento en contornos empresariais, dar a coñecer experiencias e programas públicos de apoio para mellorar a xestión do talento nas empresas e realizar reunións entre empresas e centros de coñecemento. 

Ofreceranse relatorios sobre a innovación e a transferencia do coñecemento a través da metodoloxía Canvas, a cargo do director da consultora OBZ Consulting, Fernando Picón, e a consultora Silvia Val. Explicarase como o modelo de negocio é a clave da competitividade dunha empresa ao controlar a obtención de ingresos de maneira sostida. Co método Canvas, as empresas e emprendedores usan un plan de negocio para definir obxectivos e innovar, internacionalizarse, lanzar novos produtos ou liñas de negocio. Ademais, os consultores darán unha conferencia sobre a metodoloxía Lean Canvas para emprendedores, fusión da metodoloxía Canvas e Lean Startup. 

Esta acción formativa finalizará cunha serie de encontros individuais de viabilidade entre empresas e centros de coñecemento, coñecidos como Entrevistas 1X1.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela