aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias Conozca todo sobre Patentes y Marcas Gratis! IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


30/05/2017:  A Cámara de Santiago e Guinea Bissau valoran a posibilidade de colaborar nun plan de cooperación para fomentar o emprendemento, a creación de emprego e a riqueza no país africano

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela recibiu hoxe a visita dunha delegación de Guinea-Bissau no viveiro de empresas do polígono de Costa Vella. O tesoureiro da Cámara, Juan Maril, o secretario xeral, Fernando Barros, e a responsable da incubadora, Rosa Cardeso, deron a benvida á comitiva guineana, encabezada polo ministro de Administración Territorial de Guinea Bissau, Sola Naquilin, e composta polo director de Servizos de Licenciamento e Incentivos ao Investimento, Micailo Biai; o director xeral do Programa de Gobernación e Desenvolvemento Local de Guinea Bissau, Mahalam Mane; a asesora técnica principal do programa promovido polo Plan de Desenvolvemento de Nacións Unidas (PNUD), Angela Abdula; e Iván Arizcurinaga, consultor da iniciativa, que busca promover o bo goberno, a prestación de servizos básicos e o acceso das poboacións máis vulnerables a oportunidades económicas, con enfoque de xénero. A delegación guineana coñeceu o funcionamento do departamento de creación de empresas e o viveiro cameral da man do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Os representantes camerais explicaron a estratexia que segue a Cámara de Comercio de Santiago en materia de creación de empresas, centrada na reinvidicación da figura do empresario e destinada a fomentar a economía do benestar mediante a xeración de emprego, sobre todo xuvenil. Destacando as boas prácticas da incubadora, que foi designada por Funcas como a mellor de Galicia e a quinta en servizos avanzados de toda España, indicaron que o principal valor engadido do viveiro é ofrecer servizos de acompañamento empresarial desde a fase de proxecto ata a consolidación da empresa, ademais de servizos de loxística, formación e asesoramento na busca de financiamento. Actualmente, o viveiro de Costa Vella conta con 50 firmas (29 con ubicación física, ocupando ao 100% a instalación, e 21 empresas na proposta virtual). 

Ademais de agradecer o acollemento, o ministro guineano, Sola Naquilin, explicou que esta visita permitiralles intercambiar experiencias e establecer alianzas para acordar un plan de cooperación técnico, financeiro e económico coa Cámara de Comercio de Santiago, co fin de fomentar o emprendemento, a creación de emprego e riqueza en Guinea Bissau.

Posto que a principal preocupación de Guinea Bissau é dar de comer aos seus habitantes, algo máis de 1.600.000, Micailo Biai apuntou que en materia de emprendemento aínda están nunha fase embrionaria, pero considera que o modelo do viveiro de Costa Vella se pode axeitar facilmente ao seu país e reducir a alta taxa de mortalidade empresarial.

Pola súa parte, Mahalam Mane sinalou que desde 2011 en Guinea Bissau móntanse empresas en 24 horas, pero aínda non hai unha cultura emprendedora estendida entre a poboación, coa creación de tan só 3.000 empresas entre 2011 e 2017. “Un 70% das empresas non chegan a funcionar de forma efectiva en Guinea Bissau” –destacou–.

Para trasladar a experiencia emprendedora do viveiro compostelá, Iván Arizcurinaga explicou que en Guinea Bissau será preciso establecer uns sectores prioritarios de actividade, baseadas en tres vectores de desenvolvemento local: a análise de vectores, a detección de erros e o aproveitamento da cadea de valores para atopar oportunidades de negocio, en sectores como o peixe ou marisco e a apicultura. “Debemos inculcar o espíritu emprendedor e adaptar este modelo de incubación á nosa idiosincrasia” –asegurou–.

E en materia de internacionalización, a Cámara e a delegación guineana establecerán contactos para analizar a posibilidade de realizar misións comerciais no país africano, que forma parte dos quince estados que compoñen a Comunidad Económica de Estados de África Occidental (CEDEAO: Benín, Cabo Verde, Costa de Marfíl, Gambia, Ghana, Guinea, Guinea-Bissau, Liberia, Malí, Níger, Nigeria, Senegal, Sierra Leona e Togo).

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela