aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


02/06/2017:  O alcalde de Santiago reuniuse co Foro Cívico na Cámara de Comercio de Santiago

Analizaron o estado actual de infraestruturas como a intermodal, enlace orbital, variante de Aradas, A-54, estación de carga de mercadorías da Sionlla, a depuradora e o aeroporto 

O Foro Cívico Empresarial reuniuse co alcalde de Santiago, Martiño Noriega na Cámara de Comercio de Santiago. Analizaron o estado actual das infraestruturas previstas en Santiago de Compostela para o ano 2017. Os membros do colectivo manifestaron recentemente a súa preocupación ante o descoñecemento dos proxectos das infraestruturas da cidade e a súa contorna, tras máis dun ano das xuntanzas mantidas cos representantes das Administracións local, autonómica e estatal, onde expresaron publicamente unha serie de compromisos que aínda non se cumpriron. 

No encontro solicitaron información sobre os proxectos, o investimento comprometido, o calendario e a situación e evolución real das grandes infraestruturas da cidade, como a estación intermodal, enlace orbital, variante de Aradas, autovía Lugo- Santiago (A-54), a estación de carga de mercadorías da Sionlla, a depuradora e o aeroporto. Tamén repasaron outros asuntos vitais para Compostela como o desenvolvemento dun plan estratéxico de cidade, o Camiño de Santiago, a cuestión da capitalidade, a convocatoria do Real Patronato da Cidade de Santiago de Compostela, ou a ampliación do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS), e a nova Facultade de Medicina da USC.

 

Integrantes Foro Cívico Empresarial: Cámara de Comercio de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago y Comarca, Fundación Santiago Centro, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Fundación Ruta Xacobea de Mar de Arousa e Ulla, Colexio de Avogados de Santiago, Colexio de Economistas, Colexio de Arquitectos, Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais, Colexio de Enxeñeiros Industriais, Colexio de Procuradores, Asociación do Polígono do Tambre, Rotary Club, Asociación de Antigos Alumnos da USC, Asociación de Periodistas de Santiago, Compostela Solidaria, Vicus Francorum e o Colexio Maior A Estila.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela