aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


20/09/2017:  A Cámara de Santiago organiza unha conferencia destinada a mellorar a posición online do pequeno comercio

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organizará o vindeiro mércores, día 27, unha acción divulgativa sobre marketing dixital, “O comercio dixital. As 40 chaves da mercadotecnia 2.0.”. A actividade, gratuíta con previa inscrición, celebrarase no salón de actos da sede cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo) entre as 16:00 e as 20:00 horas. 

A acción formativa, dirixida preferentemente a autónomos, microempresas, pemes, empregados e emprendedores do sector comercial minorista, ten por obxecto que os participantes comprendan a importancia das novas tecnoloxías e a dixitalización no desenvolvemento actual do comercio, que tomen conciencia da envergadura da dimensión 2.0 nos negocios e como afecta aos métodos de traballo e ao potencial do mercado. Ademais, os asistentes aprenderán como a mercadotecnia dixital pode chegar a transformar as oportunidades de negocio e comercialización grazas ao uso das habilidades dixitais.

A conferencia estará impartida por Modesto Luis Gómez (Santiago, 1974), licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago, e consultor de marketing da Fundación Incyde. Segundo o experto, as novas tecnoloxías poden mellorar a visibilidade dunha empresa, amplificar as súas oportunidades, multiplicar o seu target, mellorar a experiencia dos seus clientes e facerlle gañar reputación. “Hoxe en día as novas tecnoloxías son imprescindibles como elemento de economía de escala dixital” –explica–.

Modesto Luis Gómez sinala que, para alcanzar estas metas, as mellores ferramentas son as webs, blogs, redes sociais, apps e elementos de deseño personalizado como os wallpapers. “Quen non as teña e non as use limita moito os seus escenarios de negocio” –apunta–. Pero o conferenciante destaca que para conseguir efectividade, o pequeno comercio debe centrarse en métodos de traballo dixitais que impliquen “cooperación competitiva”, como o email marketing, a xestión de redes, sistemas integrados de pagos a distancia e websites colaborativas que se nutran do coworking. En concreto, indica que para aumentar as vendas, os empresarios deben aplicar o sentido común e a curiosidade, no que en dimensión dixital se integra e planifica a partir do denominado “e-marketing 360º".

Unha das grandes barreiras do pequeno comercio son as grandes cadeas e superficies. O experto considera que para competir con elas é posible formular unha alternativa de calidade “diferenciable, atractiva e excelente”, competindo en "producto aumentado" a través dunha mellora cualitativa na comunicación interna e externa, adicándolle moita paixón, tenacidade e sacrificio.

Esta actividade forma parte do Plan de Comercio Minorista, posto en marcha polas Cámaras de España e a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O Plan de Comercio Minorista contempla un programa destinado a mellorar a competitividade dos comercios da demarcación cameral de Santiago a través de diagnósticos individualizados e informes de recomendacións de mellora para que os locais comerciais poidan asumir as metodoloxías e solucións e incrementar a súa situación competitiva. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto a partir do 29 de setembro e ata o 31 de outubro. As solicitudes poderanse presentar de forma presencial na sede da Cámara de Santiago ou enviando a documentación por correo postal.

Máis información e inscripcións para a actuación divulgativa: http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210#.Wbo7TdV-qH1

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela