aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


28/09/2017:  Vinte e cinco empresas analizaron hoxe as vantaxes da propiedade industrial na xornada celebrada na Cámara de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e o Centro de Apoyo a la Pyme en materia de gestión de derechos de Propiedad Industrial, Intelectual e Innovación (CEVIPYME) celebraron hoxe unha xornada sobre os aspectos máis significativos da propiedade industrial para a empresa no salón de actos da entidade compostelá, organizada en colaboración co Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi).  Contou coa asitencia de vinte e cinco empresas. 

O obxecto da xornada centrouse en dar a coñercer ás pequenas e medianas empresas de Santiago e a contorna as vantaxes da propiedade industrial,  as súas diferentes modalidades e a súa axeitada xestión para obter dela a máxima rendibilidade. O membro da xefatura de Departamento de Xestión da Innovación e do Segapi, Antonio Rodríguez, comentou os servizos e axudas que ofrece este organismo e mais a Axencia Galega de Innovación a empresas e emprendedores.

Contouse tamén coa participación da Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) que impartiu un relatorio sobre as distintas modalidades de protección mediante propiedade industrial. A encargada de falar sobre a protección das crecións foi a xefe da  Área de Difusión, Comunicación y Relación con la Empresa da Oficina Española de Patentes y Marcas), Mónica Castilla, que tamén analizou como rendibilizar os títulos de propiedade industrial e a súa defensa xurídica. 

Mónica Castilla destacou que para unha peme é importante protexer as súas creacións, porque protexendo os resultados obtidos dos procesos innovadores –os activos intanxibles– pódense acadar unha serie de beneficios como son “su uso en exclusiva durante la  explotación y comercialización, el poder prohibir a terceros su uso y comercialización sin permiso del titular y poder ejercer medidas legales frente a aquellos que copian los productos sin el consentimiento del titular”.

En cambio, ao non protexer os activos intanxibles, a experta sinalou que a empresa non terá a ferramenta axeitada para facer fronte a aqueles que se aproveiten do esforzo inventivo ou que usuren a súa identidade no mercado sen que se poida facer nada, en definitiva sentencia, “nos copian nuestras marcas”. Ademais, engadiu que non se obteñen uns beneficios do esforzo innovador xa que, ao non existir un dereito en exclusiva ou monopolio sobre ese activo, “todo el mundo puede realizarlo, desarrollarlo, comercializarlo y usarlo”.

Mónica Castilla distinguiu tamén entre propiedade industrial e intelectual. Explicou aos asitentes que, grazas á propiedade industrial, obtéñense uns dereitos en exclusiva sobre determinadas creacións que se protexen como verdadeiros dereitos de propiedade, a través da marcas e nomes comerciais, patentes e modelos de utilidade e deseños industriais. “Para tener esos derechos hay que registrarlos en las oficinas de registro nacionales o supranacionales. Sin registro no hay derecho y además el derecho es territorial, dependiendo de dónde hayamos registrado nuestro activo. Está sujeto al pago de una tasa y debe ser renovado periódicamente” –lembrou–.

En cambio, a experta indicou que a propiedade intelectual protexe creacións orixinais do espírito e os dereitos xéranse desde o momento da creación. E destacou que o seu rexistro “es recomendable pero no obligatorio” para obter o dereito. “El registro constituye una prueba fehaciente frente a terceros en caso de disputa. Las obras protegibles por propiedad intelectual son obras artísticas, literarias, música, letra de canciones…” –apuntou–.

Finalmente, a xornada rematou cun caso de éxito onde se analizou a xestión empresarial da innovación e a comunicación da empresa Televés da man do seu director de Propiedade Industrial, Daniel Dios. Explicou a política de empresa para protexer o seu capital intelectual, aspecto que se aprecia ao contar con máis de 200 rexistros de propiedade industrial, dentro dos cales se inclúen 75 patentes de invención e de ámbito internacional, datos que confirman á compañía como a de maior capacidade innovadora no seu sector e a entidade privada galega con máis invencións presentadas ante a Oficina Española de Patentes y Marcas. “Controlar en casa todo el proceso de producción, desde el diseño hasta el servicio post-venta, permite a la compañía evolucionar los productos más rápidamente y con mayores garantías de calidad y fiabilidad, además de proteger el capital intelectual desarrollado. Esta es la convicción contenida en el lema “Tecnología europea fabricada en Europ”a que los mercados asocian a la marca Televés como sinónimo de calidad, fiabilidad y tecnología de vanguardia” –sinalou Daniel Dios–.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela