aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


26/10/2017:  FORMATour: formación especializada para o emprego e o emprendemento

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca o itinerario formativo FORMATour que ten como obxectivo a formación en seis habilidades transversais  que potencien o emprego e fortalezan o emprendemento dos mozos e mozas. A iniciativa combina actividades formativas presenciais en grupo, actividades formativas personalizadas e sesións de coaching.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

OBXECTIVOS E META
A meta é mellorar as oportunidades de emprego e emprendemento de todas e cada unha das persoas participantes. Para iso, atenderemos aos seguintes  obxectivos intermedios:
- Formar en habilidades transversais.
- Dotar aos mozos/as de ferramentas sinxelas que lles permitan mellorar.
- Propiciar o liderado da xente moza.
- Proactivar cara á formación activa.

DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
LUGAR DE REALIZACIÓN: Esta actividade desenvolverase nos 12 Espazos Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
PRAZAS POR ESPAZO XOVE: Un mínimo de 6 e un máximo de 12 persoas.
PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 25 de outubro ás 12:00 horas do día anterior a realización da xornada presencial.
INSCRICIÓN: Mediante o envío de formulario electrónico
ADMISIÓN
Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.
METODOLOXÍA
1. Sesións presenciais.
En cada localidade realizarase unha sesión inicial (AulaTour) de 3 horas de duración na que, a razón de 30 minutos por habilidade, se decalogarán as 6 habilidades que integran o contido do programa.

Pasados un mínimo de 21 días desde a realización desa primeira sesión, haberá unha segunda sesión presencial na que se desenvolverá, por orde alfabética, unha sesión de coaching individualizado de 15 minutos con cada persoa participante, buscando perfilar como espremer as súas habilidades persoais.

2. Plataforma de formación persoal a distancia.
Entre unha e outra sesión e durante 21 días, habilitaremos unha ferramenta web (CODEX) que, mediante vídeo píldoras, exercicios, exemplos, infografías e exercicios de autoavaliación estenderá 30 minutos de contido para o traballo diario que buscarán mellorar o desenvolvemento persoal e as habilidades expostas.

RESULTADOS
Cada asistente recibirá un diploma acreditativo de cumprir con este itinerario formativo. Ademais, escollerase a unha persoa por localidade para participar nunha aceleradora de desenvolvemento persoal a realizar durante o primeiro trimestre de 2018.

DATAS

DATAS

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela