aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Ciclo de Conferencias IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


08/11/2017:  A Cámara de Santiago ofrece aos comerciantes unha formación destinada a coñecer os gustos dos clientes para mellorar os resultados do negocio

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organizará o vindeiro mércores, día 15, unha acción divulgativa sobre técnicas de venda e experiencias de compra titulada “A experiencia do cliente no comercio minorista”. A actividade, gratuíta con previa inscrición, celebrarase no salón de actos da sede cameral (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo) entre as 16:00 e as 20:00 horas. 

A acción formativa, dirixida preferentemente a autónomos, microempresas, pemes, empregados e emprendedores do sector comercial minorista, ten por obxecto que os participantes comprendan as novas demandas do mercado, o que busca actualmente o cliente e os seus hábitos para así identificar como se pode ser máis atractivo e lograr unha melloría no resultado do negocio. A conferencia estará impartida pola comercial, empresaria e formadora Inma Rodríguez Cuervo, que dirixe desde 2015 Emociacción, empresa dedicada ao coaching comercial e a experiencia emocial da venda. 

Inma Rodríguez explica que actualmente o mercado quere sentir confianza, seguridade na compra e a personalización dos produtos e servizos, “cada vez máis adaptados a súa necesidade e ao que quere sentir ao adquirir un produto”. En canto aos clientes, a experta sinala que hai diversos tipos, sempre enfocados en “satisfacer unha necesidade emocional na compra, e sentir esa emoción ou gustiño cando se atopa o que te fai sentir ben”.

Ademais, a formadora apunta que o comercio minorista pode adaptarse infinitamente mellor ás necesidades reais, ben pola proximidade ao cliente ou porque pode ensaiar e implementar accións con tan só unha decisión de cinco minutos, sen ter que consultar á dirección xeral que está lonxe da empresa.

Para atraer a novos clientes, Inma Rodríguez considera que un comercio debe coñecer ben “o que o fai diferente” e porque un cliente debe ir comprar alí. Despois dun traballo de investigación sobre as necesidades e gustos dos clientes, o empresario deberá mimalo e facerlle sentir experiencias que cheguen polo cinco sentidos, así como facer o posible para que o cliente probe ou coñeza ben o produto ou servizo que poderá mercar.

Esta actividade forma parte do Plan de Comercio Minorista, posto en marcha polas Cámaras de España e a Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O Plan de Comercio Minorista contempla un programa destinado a mellorar a competitividade dos comercios da demarcación cameral de Santiago a través de diagnósticos individualizados e informes de recomendacións de mellora para que os locais comerciais poidan asumir as metodoloxías e solucións e incrementar a súa situación competitiva.

Máis información e inscripcións para a actuación divulgativa: http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&P=230&ncurso=5122017#.WgA3-dXiaYk

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela