aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


23/11/2017:  Francisco Conde analiza na Cámara de Santiago a nova normativa estimuladora do desenvolvemento empresarial

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela recibiu hoxe ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, que ofreceu unha conferencia titulada “A Lei de Implantación Empresarial, unha oportunidade para o crecemento do tecido empresarial galego”. O vicepresidente da Cámara, José Luis Rodríguez Dacal, presentou o relatorio no salón de actos da entidade, unha charla que pecha o ciclo de conferencias cameral de 2017, destinado a analizar a situación económica, social e cultural do país a través de personaxes de gran relevancia nos diferentes ámbitos.

Francisco Conde (Monforte de Lemos, 1968) explicou que a nova normativa servirá de estímulo ao desenvolvemento empresarial a través de tres retos estratéxicos, maior simplificación administrativa, facilidades de acceso ao solo industrial e incentivos fiscais. “Buscamos que en Galicia sexa máis doado investir co obxecto de atraer para a comunidade máis actividade empresarial que xere emprego de calidade” –sinalou–.

Conde destacou que, ademais de melloras significativas nos sectores eólico, forestal e mineiro, a lexislación posibilita medidas específicas para cada un dos eixos sobre os que pivota a lei. No ámbito da simplificación administrativa, o conselleiro indicou que se impulsa o procedemento único para reducir á metade os prazos de tramitación, agrupándose nun trámite a autorización ambiental integrada, a avaliación de impacto ambiental e, se é preciso, o informe sectorial pertinente, sen reducir as garantías ambientais e urbanísticas.

No tocante ao acceso ao solo industrial, Conde asegurou que se autoriza, entre outras medidas, a urbanización parcial de áreas empresariais, facilitando respostas específicas a cada proxecto empresarial, creando o censo de solo empresarial e ofrecendo o pago aprazado e sen xuros na compra de solo público e condicións vantaxosas nas parcelas –con bonificacións de venda, dereito de superficie e dereito preferente sobre a finca colindante–.

43 millóns de euros para os “Concellos Emprendedores”

E no relativo aos incentivos fiscais para favorecer a chegada de novas empresas, o conselleiro de Economía dixo que o Goberno galego priorizará aos “Concellos Emprendedores”, aqueles que aposten pola captación de investimentos en axudas destinadas a impulsar a fábrica intelixente, o emprego de calidade e o emprendemento baseado na innovación e no talento. “Estes incentivos fiscais por parte dos Concellos Emprendedores para favorecer a chegada de novas empresas suporán unha bonificación de ata o 95% no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes, sempre e cando se garanta a creación de emprego” –apuntou–.

Conde explicou que a actuación conxunta entre a Xunta e as administracións locais traballa nunha armonización fiscal cos concellos -con bonificacións ás empresas que queiran instalarse nalgún dos municipios adheridos- e na eliminación por parte da Xunta das cotas dos impostos de actos xurídicos documentados para as operación realizadas en solo industrial de titularidade autonómica. En global, Conde sinalou que a Xunta destinará o ano próximo a estas convocatorias preto de 43 millóns de euros. E lembrou que os beneficiarios desta iniciativa serán aqueles municipios que se adhiran ao convenio de colaboración asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) co obxectivo de xerar máis actividade industrial na Comunidade autónoma. “Os Concellos Emprendedores comprométense a ofrecer ás empresas que mostren interese por afincarse nas súas localidades máis incentivos fiscais, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e unha simplificación na tramitación administrativa” –apuntou–. 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela