aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Vendedores que venden. Marcelo Castelo
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital
DESTACAMOS


27/11/2017:  A Cámara e o Concello de Santiago asinan un acordo para organizar conxuntamente actuacións destinadas a fomentar o emprendemento e a internacionalización

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017.- A Cámara de Comercio e o Concello de Santiago asinaron un convenio de colaboración para organizar conxuntamente actividades formativas e de difusión sobre emprendemento e creación de empresas e internacionalización para o ano 2017. O acordo foi asinado polo vicepresidente da Cámara, Evaristo Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega

Ambas entidades ofrecerán conxuntamente servizos de información, asesoramento e titorización de proxectos empresariais para contribuír á posta en marcha de novas actividades empresariais, incidindo de modo especial na súa sustentabilidade e competitividade ao longo tempo. Desenvolveranse actuacións destinadas a emprender e xestar ideas empresariais, a desenvolver e crear estas empresas e finalmente procurar a súa consolidación. Ademais, inclúese un apartado destinado a organizar accións enfocadas á transmisión e cese da actividade empresarial. 

Outras actuacións previstas no acordo están orientadas a servizos de fomento do espírito emprendedor no eido educativo. Neste apartado, a Cámara programará visitas guiadas ao viveiro de empresas e a realización de xornadas divulgativas, especialmente dirixidas aos centros de ensino secundario, bacharelato, ciclos formativos e universitarios de Santiago. A finalidade é promover o desenvolvemento das calidades persoais relacionadas co espírito emprendedor, tales como a creatividade, a iniciativa, a asunción de riscos e a responsabilidade; achegar un coñecemento temperán do mundo empresarial e axudar a entender o papel do colectivo empresarial na comunidade; fomentar as iniciativas emprendedoras desde o ámbito educativo; potenciar os valores empresariais e informar, sensibilizar e transmitir a opción do autoemprego como unha alternativa digna e viable; concienciar acerca do emprego por conta propia como posible opción profesional; contribuír a unha percepción aberta da economia, nun contexto de apertura crecente nos mercados e de expansión tecnolóxica que impulsa esa apertura; ou poñer en contacto a novos estudantes con emprendedores e empresarios situados no viveiro de empresas. 

Ademais, o convenio establece a prestación de servizos de asesoramento en materia de internacionalización, cun servizo de diagnóstico para facilitar ás empresas unha recomendación sobre as súas posibilidades de internacionalizarse, así como a elaboración dun plan de acción a curto prazo que conteña tanto as accións para emprender individualmente pola empresa como unha análise dos distintos programas e axudas das diferentes institucións a que pode acollerse. Ao final do servizo, a empresa dispoñerá dun informe no que se recollerán unha serie de recomendacións, unha valoración do potencial de internacionalización da empresa e unha serie de conclusións sobre este aspecto. A Cámara tamén ofrecerá servizos de asesoría e consultoría de internacionalización.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela