aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia IV Premio Camino del Emprendimiento 2017 http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

21/12/2017:  Un 97% das empresas galegas espera manter ou incrementar o emprego en 2018, segundo unha enquisa coordinada por Eurocámaras na que participa a Cámara de Comercio de Santiago

As empresas galegas son máis optimistas que as do conxunto da Unión Europea de cara a 2018, segundo os resultados da Enquisa de Perspectivas Empresariais, elaborada o pasado mes de setembro por Eurocámaras que contou coa participación da Cámara de Comercio de Santiago. En total participaron máis de 50.000 empresas europeas, das que máis de 3.000 son españolas e 179 galegas, e analizouse a situación e expectativas dunha serie de variables de interese para os seus negocios, como son as vendas nacionais, exportacións, emprego e investimento. 

As expectativas das empresas galegas para 2018 mantéñense en niveis positivos e favorables nas diferentes variables. Nunha comparativa coas empresas europeas, as galegas están por encima da media en todos os condicionantes analizados, e con respecto ás empresas do conxunto de España os datos varían segundo a variable, nalgúns casos cun resultado positivo para as empresas da comunidade e noutros por debaixo da media española. En ventas interiores, as expectativas das empresas de Galicia son similares ás empresas españolas; en exportacións, o saldo atópase sete puntos por debaixo; en emprego, as expectativas  das compañías da comunidade están catro puntos por debaixo das españolas; e e investimento, tres puntos por enriba da media nacional. 

Vendas nacionais e exportacións 

As empresas galegas esperan un comportamento favorable das súas vendas en territorio nacional durante 2018 (o 46% de empresas prevé incrementalas respecto ás de 2017). Estas expectativas son levemente inferiores ás do conxunto das empresas españolas (o 47% das empresas en España prevé incrementar a facturación en territorio nacional), e sensiblemente superiores ás das empresas europeas (onde un 38% prevé incrementar as vendas nos seus respectivos países en 2018).

 

Por outra banda, as expectativas que teñen as empresas de Galicia no que se refire a exportacións para 2018 son positivas, aínda que inferiores ás rexistradas no conxunto de España. A porcentaxe de empresas exportadoras galegas que prevé incrementar as súas vendas ao exterior é do 42%, fronte ao 52% de empresas do mesmo tipo que espera unha evolución similar en España. Con respecto ás empresas europeas, as expectativas das empresas galegas son mellores (só o 37% das empresas europeas prevé incrementar as súas exportacións en 2018).

Emprego e investimento

O 21% das empresas de Galicia espera aumentar o número de empregados en plantilla durante 2018. No conxunto de España, o 26% das empresas prevé incrementar o número de traballadores e entre as empresas europeas esta porcentaxe sitúase no 24%. Este comportamento “lixeiramente menos positivo” das firmas galegas no que a incremento de emprego se refire, compénsase co feito de que o 76% das empresas prevé manter o número de traballadores en 2018, polo que un 97% das empresas de Galicia espera manter ou incrementar o emprego o vindeiro ano. 

En canto ao investimento, o 39% das compañías de Galicia considera que en 2018 incrementará esta partida. A porcentaxe é superior á rexistrada para o conxunto de España e de Europa, onde o 36% e o 31% das empresas, respectivamente, espera incrementar o investimento en 2018. 

Os prezos da enerxía e materias primas e os custos laborais serán os factores máis importantes que condicionen a actividade das empresas de Galicia 

Para 2018, a demanda nacional, os prezos da enerxía e materias primas e os custos laborais serán os factores máis importantes que condicionen a actividade das empresas de Galicia. Condicións de financiamento e escasez de persoal cualificado serán o cuarto e quinto factor en importancia. Finalmente, a demanda externa, os tipos de cambio e o impacto do Brexit son os factores que menos condicionarán a actividade das empresas durante o ano próximo. En termos comparados, destaca a maior relevancia dos prezos da enerxía e as materias primas para as empresas galegas en 2018, que contrasta coa menor importancia da escasez de persoal cualificado en relación coas empresas europeas. 

Respecto aos retos sinalados en 2018, a orde de importancia cambia. En 2018 parece que as empresas están máis preocupadas polo impacto dos prezos da enerxía e as materias primas que polos custos laborais ou polas condicións de financiamento, ao contrario do que acontecía o ano anterior. Por outro lado, hai que destacar o incremento na porcentaxe de empresas que sinala a escasez de persoal cualificado como un factor que limitará a actividade en 2018, sensiblemente superior ao que sinalou este factor en 2017.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela