aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Licencias IAE Joven Peregrino - Programa Peregrinaje Emprendedor Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

01/02/2018:  Convócanse as eleccións para a renovación do pleno da Cámara de Comercio de Santiago

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela anuncia a convocatoria de eleccións para a renovación do seu pleno, logo da orde emitida pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia que recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). Celebraranse o 10 de abril e o prazo de presentación de candidaturas vai desde o 1 ao 21 de febreiro. O censo electoral está integrado por un total de 35.944 empresas e autónomos

O pleno cameral está constituído por 24 membros: 

-       16 son elixidos por sufraxio universal, libre e directo

-       4 serán propostos polas organizacións empresariais

-       4 sairán das empresas que aportan cotas voluntarias 

Unha vez constituído o pleno, será este órgano de goberno o que elixa o presidente e o comité executivo da institución. 

Os 16 postos por elección repártense en catro grupos: 

-       Industria

-       Construción

-       Comercio, hostalaría e transportes

-       Entidades financeiras, seguros e outros servizos 

As candidaturas poderán presentarse no rexistro da Cámara de Comercio de Santiago no seu horario habitual. Unha xunta electoral composta por tres persoas do electorado da Cámara e dúas designadas pola Dirección Xeral de Comercio (órgano tutelar das cámaras galegas) supervisarán o proceso electoral co fin de garantir a súa transparencia e obxectividade.

O día das eleccións, o vindeiro 10 de abril, a Cámara abrirá a mesa electoral na súa sede santiaguesa da rúa de San Pedro de Mezonzo, 44-baixo, de 9:00 a 21:00 horas. 

Máis información do proceso electoral:

http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=4A0L0&p=65#.WnBT5KjibmY 

Pódense consultar os detalles da convocatoria no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180131/AnuncioG0424-170118-0002_gl.html

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela