aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Elecciones 2017-2018
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

21/03/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago destina 98.250 euros en axudas para a contratación de mozos e mozas e para emprendedores

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela abre a convocatoria de axudas económicas destinadas ao fomento do emprego de 2018, incluídas dentro do Plan de Capacitación do Programa Integral de Cualificación y Empleo (PICE).

As axudas están destinadas a empresas, situadas na demarcación cameral de Santiago, para a contratación de mozos e mozas sen emprego e para emprendedores que decidan iniciar a súa actividade empresarial no ámbito xeográfico da Cámara, todos eles menores de 29 anos. Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) dentro do Programa Operativo de Empleo Juvenil 2014-2020.

A primeira liña son axudas destinadas a empresas que contraten a mozos e mozas beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Juvenil (inscritos e orientados no PICE) durante un período mínimo de 6 meses a tempo completo, cun contrato indefinido, temporal, en prácticas ou para formación e aprendizaxe. Cun presuposto total de 94.050 euros (4.950 euros por cada contratación), a Cámara de Santiago poderá xestionar 19 contratos.

A segunda liña son axudas ao autoemprego para o desenvolvemento de novas actividades empresariais,  postas en marcha por mozos e mozas beneficiarios do Sistema Nacional de Garantía Juvenil, coa fase de orientación vocacional do PICE finalizada. Cun presuposto total de 4.200 euros (600 euros por cada axuda ao autoemprego), a Cámara de Santiago poderá incentivar a alta como autónomos de 7 emprendedores durante un período mínimo de 12 meses.

Estas axudas son incompatibles con calquera outra que puidera concederse ás empresas para a mesma finalidade, a excepción das bonificacións ou reducións nas cotas á Seguridad Social que puideran corresponderlle segundo a lexislación vixente. 

O prazo para a presentación de solicitudes comeza hoxe mércores, 21 de marzo, e finalizará o 28 de decembro ou cando se esgoten os fondos. O texto completo da convocatoria está dispoñible na web www.camaracompostela.com e na sede da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela (rúa San Pedro de Mezonzo, 44 baixo). Ademais, pódese solicitar información no teléfono da sede cameral (981 59 68 00) ou no correo electrónico aempleo@camaracompostela.com.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela