aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

08/05/2018:  O alcalde recibe a José Sierra, presidente da Cámara de Comercio

O alcalde recibiu  o novo presidente da Cámara de Comercio, na que foi unha primeira toma de contacto dende que José Sierra asumiu o cargo en substitución de Jesús Asorey. Martiño Noriega reiterou o apoio do Concello á entidade cameral "porque para Santiago é importante ter unha Cámara de Comercio dinámica".

O alcalde recoñeceu que "para o Concello é un motivo de tranquilidade a transición que se está facendo na Cámara de Comercio cara un novo equipo directivo con solvencia e autoridade". Martiño Noriega salientou que "é importante que Santiago conte cunha Cámara dinámica, que traballe en prol dos emprendedores e apoie a internacionalización das empresas", e por iso mostrou o apoio do Goberno local aos proxectos nos que xa existe colaboración entre ambas partes e expresou a súa disposición a estudar novas iniciativas que xurdan da nova directiva.

O presidente da Cámara de Comercio agradeceulle ao alcalde "o seu compromiso coa entidade e o seu convencemento de que as cámaras de comercio teñen que xogar un papel importante, malia ao desprestixio que estas entidades sufriron a nivel estatal nos últimos anos". José Sierra avogou por poñer en valor novamente as cámaras de comercio, que "exerceron un papel fundamental en cuestións como a internacionalización das empresas". Tamén lembrou que a Cámara "tivo moito que ver en que en Santiago teñamos servizos como a Oficina de Tráfico ou o Rexistro Mercantil, e por iso hai que loitar para que a entidade se manteña vital na capital galega". 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela