aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Instituto Cameral de Idiomas Ficheros de Empresas Portal de Empresas Formación Profesional Dual Bolsa Cameral de Empleo
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

07/06/2018:  A Cámara de Santiago convoca o programa TICCámaras para actualizar ás empresas na nube, fomentar o comercio electrónico e o marketing dixital

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia o programa TICCámaras 2018 cunha nova convocatoria de axudas para pemes, micropemes e autónomos destinada ao apoio á incorporación das TIC, cofinanciado nun 80%  polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) da Unión Europea. 

Esta actuación ten como obxecto principal impulsar a incorporación sistemática das TIC á actividade habitual das empresas, como ferramentas competitivas claves na súa estratexia, así como maximizar as oportunidades que ofrecen para mellorar a súa produtividade e competitividade. 

O programa ofrece plans de incorporación da economía dixital, ben mediante un plan individual de sensibilización e apoio titorizado á empresa destinataria para a integración das TIC nos seus procesos de negocio e estratexias de actuación. Inclúe unha primeira fase cun servizo de diagnóstico gratuíto, onde técnicos camerais analizan o nivel de aproveitamento das tecnoloxías no negocio e recomendan diferentes opcións de mellora. En concreto, incentivará que as empresas incorporen ferramentas de produtividade na nube, como ERP, CRM (sistema de xestión de clientes), TPV, loT, Big Data, realidade virtual, mellora tecnolóxica para o comercio electrónico creando ou actualizando web, tenda online, pasarela de pagos, facturación electrónica ou firma dixital, ou adquirindo coñecementos de marketing dixital en canto ao posicionamento web, email marketing, social media ou aplicacións móbiles. 

Nunha segunda fase do programa está a implantación dun plan de desenvolvemento tecnolóxico, subvencionado ata un 70% polo Fondo FEDER para investimentos dun máximo de 7.000 euros, mentres que a empresa beneficiará aportará o 30% adicional, aínda que deberá prefinanciar o 100% do investimento.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o vindeiro 15 de xuño e pecharase o 31 de xullo. A tramitación poderase realizar presencialmente nas dependencias da Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo) ou de forma telemática na sede electrónica da entidade. 

Máis información e convocatoria: www.camaracompostela.com/ https://sede.camara.es/sede/santiago-compostela

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela