aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

10/07/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago e a CEC reforzan a súa colaboración coa renovación do convenio asumido en 2015 para favorecer os intereses económicos do tecido empresarial galego

O presidente da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, José Sierra, e o presidente da Confederación de Empresarios de La Coruña, Antonio Fontenla, asinaron esta mañá a renovación do convenio de colaboración que ambas entidades asumiron por primeira vez en outubro de 2015, en presenza dos membros dos comités executivos de ambas entidades. O acordo está centrado en reforzar formas e canles de colaboración mutuos, xerar sinerxías, aproveitar economías de escala e evitar duplicidades a favor dos intereses económicos e empresariais dos seus respectivos ámbitos de actuación. As dúas entidades teñen a vontade de estreitar as súas relacións, unir esforzos e establecer normas amplas de actuación que canalicen e incrementen os contactos e a colaboración nos campos de interese común. 

Os presidentes da Cámara de Santiago e da CEC aseguraron que o desenvolvemento deste acordo, baseado na unidade de acción con coordinación, colaboración e cooperación entre as dúas institucións, traducirase nunha actuación máis “eficiente” para as entidades e nunha maior “eficacia” para o sector empresarial ao que representan. Para alcanzar este obxectivo, xeraranse procedementos bidireccionais de información mutua e programaranse e coordinaranse actividades e servizos similares nas dúas partes, en temas de importancia para o tecido empresarial galego como a reindustrialización, eficiencia enerxética, I+D+i, emprego, axudas ás empresas ou calquera outra materia singular.

José Sierra manifestou que as alianzas son “imprescindibles” neste mundo globalizado, e máis aínda entre organizacións que procuran o interese xeral de empresas e empresarios. “Estamos nunha conxuntura particularmente delicada que nos obriga a reinventarnos para continuar sendo extraordinariamente útiles ás empresas, como o fomos sempre. Pero tamén debemos sacar músculo, porque a sociedade civil precisa máis que nunca de órganos que lle dean voz representativa, corporacións como as cámaras e as confederacións empresariais que configuramos plataformas asociativas que, ademais de representar aos nosos afiliados, lexitiman a interlocución coas Administracións Públicas e a propia sociedade” –sinalou–.

No caso da Cámara de Comercio de Santiago, Sierra apuntou que, trala recente renovación dos seus órganos directivos, está inmersa nun proceso de definición de novos servizos para as empresas, en aras de lograr unha maior proximidade e utilidade. “As esixencias son grandes para todos hoxe en día, e a renovación deste convenio coa CEC vai nesta dirección: mellorar as prestacións, adaptándoas ás necesidades e retos do tempo presente, e outorgar aos nosos servizos un valor engadido derivado da cooperación de dous organismos complementarios en tantos ámbitos” –precisou–.

Tras saudar aos novos órganos de goberno da Cámara de Comercio de Santiago, Antonio Fontenla destacou que o convenio hoxe renovado institucionalizou a colaboración mutua de ambas entidades en pro do tecido empresarial dos seus respectivos ámbitos de actuación, plasmado na definición funcional da máxima coordinación entre as mesmas. “O acordo xera sinerxías en busca da eficacia nas actuacións conxuntas que se veñen abordando por parte de ambas entidades” –indicou–.

Froito deste acordo, as dúas institucións establecerán o máximo grao de coordinación para evitar duplicidades en canto ás actividades e servizos comúns que ofrecen ás empresas. No protocolo rubricado hoxe, na sede da Cámara compostelá, detállase o reparto de servizos. Por exemplo, a información e asesoramento ás empresas realizarase de forma coordinada entre a Cámara e a CEC; o servizo de bases de datos públicas de empresas así como o de internacionalización correrán a cargo da Cámara, que contará coa colaboración da CEC; os servizos de diagnósticos empresariais e os servizos a emprendedores realizaranos de forma coordinada ambos organismos; a concertación social, a prevención de riscos laborais e a responsabilidade social empresarial desenvolveraa a CEC coa colaboración da Cámara de Comercio. E de forma coordinada, tanto a CEC como a Cámara desenvolverán actos, xornadas e conferencias e analizarán diversos proxectos empresariais comúns e proxectos europeos.

Por outra banda, en canto ás actividades e servizos nucleares de cada institución, a Cámara como corporación de dereito público e de defensa dos intereses xerais, e a Confederación de Empresarios na súa calidade de organización máis representativa no ámbito da provincia da Coruña, desenvolverán o seu labor propio, aínda que poderán solicitar a colaboración institucional ou o apoio organizativo da outra. 

Entrega dunha placa conmemorativa por parte da patronal a Jesús Asorey

E no marco deste encontro, os comités executivos da Cámara de Comercio de Santiago e a CEC quixeron facer unha homenaxe ao anterior presidente da Cámara compostelá, Jesús Asorey, tras vinte anos ao fronte da entidade. “Queremos brindarlle o noso sincero recoñecemento polo seu labor y ter liderado durante unha etapa longa e significativa esta corporación de dereito público” –sinalou Sierra–.

Ademais, o presidente da patronal entregoulle unha placa conmemorativa pola súa dedicación ao ámbito empresarial de Santiago de Compostela durante dúas décadas. Antonio Fontenla dedicou unhas afectuosas palabras a Jesús Asorey, “quen levou con bo tino o timón da Cámara durante os últimos vinte anos”, nunha traxectoria que lembrou estivo marcada polo cambio normativo que supuxo a supresión da obrigatoriedade das cotas que historicamente pagaban todas as empresas a estas entidades nas súas correspondestes demarcación.

 Ademais, indicou que a Cámara de Comercio de Santiago soubo superar esta crise baseando a súa actividade na oferta de servizos ás empresas e emprendedores, mellorando a súa capacidade competitiva e innovadora, abrindo mercados a través do plan Foexga, desenvolvendo programas europeos, programas de apoio para empresas creadas por mulleres, e consolidando o seu viveiro de empresas de Costa Vella, un dos mellor valorados de España, “todo grazas ao rigoroso traballo realizado polo presidente naquel momento e os empresarios composteláns que o acompañaron nesa travesía de dúas décadas de constante dedicación ao empresariado compostelán”.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela