aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Amigos de la Catedral
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

06/09/2018:  A Cámara de Comercio de Santiago e Jealsa asinan un acordo para desenvolver relacións de colaboración, cooperación e apoio mutuo

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago asinou hoxe xoves, 6 de setembro, un convenio de colaboración coa conserveira Jealsa Rianxeira S.A.U. Ao acto, que se celebrou na sede central da compañía en Boiro, asistiron o presidente da Cámara compostelá, José Sierra Fernández, e o presidente de Jealsa, Jesús M. Alonso Escurís.

O convenio ten por obxecto establecer o marco xurídico xeral dentro do que se van desenvolver as relacións entre a Cámara de Comercio e Jealsa, baseadas na colaboración, cooperación e apoio mutuo das organizacións. En especial, a colaboración da Cámara de Santiago centrarase na defensa e promoción dos intereses xerais de Jealsa, como empresa da súa demarcación cameral e asociada á entidade, así como difundir as súas actividades.

José Alonso Escurís manifestou a súa satisfacción de poder colaborar coa Cámara de Comercio, “entidade que desde os seus inicios ofreceu un apoio substancial ás empresas da comarca, polo que agora é de recibo que sexamos nós que axudemos a que a entidade poida seguir realizando o seu magnífico labor”. Ademais, asegurou que este acordo servirá para que a Cámara axude á empresa a desenvolver algúns dos seus novos proxectos, e igualmente a conserveira tenderá a súa colaboración á entidade cameral. 

Tras esta incorporación como socia á Cámara compostelá, José Sierra sinalou que “a adhesión de Jealsa é un feito relevante que agradecemos y que nos marca o camiño a seguir nesta nova etapa, na que debemos atraer ao maior número de compañías, especialmente as importantes por tamaño e facturación, en aras de consolidar un verdadeiro conglomerado empresarial con peso específico, unha vez que a pertenza ás cámaras, e o correspondente pago de cotas, antes obrigatorio, é agora voluntario”.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela