aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Cersia Cersia Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Escuela de Negocios A Fundación
Certificación Digital

15/11/2018:  O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago convocan a XIX edición dos Premios Manuel Beiras

O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago volven xuntar esforzos para recoñecer e poñer en valor as empresas que usan o galego na súa comunicación, coa convocatoria da XIX edición dos Premios Manuel Beiras. Os galardóns veñen acompañados dunha campaña de promoción que xa se empezou a ver polas rúas e establecementos de Compostela, e que pretende chamar a atención sobre a importancia de que "a nosa lingua sexa tamén empregada como lingua de negocios". 

O alcalde, Martiño Noriega, e o vogal da Cámara de Comercio Xavier Freire presentaron hoxe a convocatoria, que o Concello e a entidade veñen realizando conxuntamente dende o ano 2000. O rexedor lembrou que "o obxectivo destes galardóns é mostrar os aspectos positivos da comunicación comercial en galego, que se asocia a valores como a proximidade e a confianza". Ademais, mostrouse convencido de que "moitos clientes e clientas poden recompensar coas súas decisións de compra aos negocios que se mostran comprometidos co uso da nosa lingua". Martiño Noriega tamén quixo lembrar a Manuel Beiras, "o histórico comerciante compostelán e destacado loitador da nosa cultura e da nosa lingua, que lle dá nome a estes premios que deste xeito son, ao mesmo tempo, un homenaxe a súa figura". 

Pola súa parte, Xavier Freire salientou que a nova directiva da Cámara de Comercio de Santiago non vacilou e tivo claro desde o primeiro momento o valor desta iniciativa posta en marcha fai dezanove anos co Concello de Santiago, “un premio que distingue a vontade e compromiso do empresariado e o pequeno comercio co idioma, un patrimonio fundamental para a actividade comercial”. 

Bases da convocatoria 

Os Premios Manuel Beiras convócanse en dúas categorías: empresas que veñan realizando un uso continuado da lingua galega e empresas que se incorporaran recentemente ao uso do galego. Ademais, pode outorgarse unha distinción especial a unha persoa ou entidade que se destacara pola súa contribución á normalización da lingua no mundo empresarial. 

Aos galardóns poden optar empresas radicadas no Concello de Santiago, que poderán presentar directamente as súas candidaturas ou seren propostas por calquera persoa ou entidade. O xurado dos Manuel Beiras estará formado por un representante do Concello, da Cámara de Comercio, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Universidade de Santiago, dunha asociación en defensa da lingua, do Colexio Oficial de Xornalistas, dunha asociación de consumidores, e de cada unha das empresas premiadas na edición anterior. 

En 2017, o premio para a empresa cun uso continuado do galego foi para a produtora Illa Bufarda; o premio para a empresa que se incorporara recentemente ao uso do galego recaeu na empresa de fabricación de xogos e xoguetes Brazolinda; e a distinción especial do xurado fora para o Colexio de Avogados de Santiago.

A entrega do premio, unha escultura de Acisclo Manzano, terá lugar este ano no Pazo de Raxoi, posto que o Concello e a Cámara de Comercio alternan anualmente tanto a presidencia do xurado como a organización da cerimonia de entrega dos galardóns.

Campaña de promoción

Ao igual que nos dous últimos anos, a convocatoria dos Premios Manuel Beiras vén precedida dunha campaña de promoción que ten como obxectivo dar a coñecer os galardóns e animar a presentación de candidaturas, así como animar ás empresas a comunicárense en galego. 

Nesta edición, segundo explicou o alcalde, "quixemos dar un paso máis e construír a imaxe dixital dos Manuel Beiras, cun lugar de referencia para obter información sobre a convocatoria actual e as anteriores". Para crear expectación ao redor dese recurso "a cidade apareceu nestes días chea de vinilos no chan con textos que decote se utilizan no mundo das empresas escritos en galego, e nos que se podía ler tamén a dirección web traballamosengalego.gal". Esta páxina está redireccionada cara a dos Premios Manuel Beiras, na que se poden atopar as listas de gañadores de edicións anteriores, as bases da convocatoria e numerosos recursos gráficos sobre os galardóns.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela