aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

09/05/2019:  O Foro Civico de Santiago promove unha folla de ruta para Compostela

A Sala de Xuntas da Cámara de Comercio de Santiago unha vez máis acolleu ao Foro Cívico, convertíndose nesta ocasión, no escenario de sinatura do acordo entre o Foro Civico e as forzas políticas municipais. Ademais dos representantes do Foro achegarónse á Cámara de Comercio, o Candidato do Grupo Municipal Compostela Aberta, Martiño Noriega, Agustín Hernández candidato do PP ao Concello de Santiago, o candidato socialista Xosé Antonio Sánchez Bugallo e a candidata do BNG Goretti Sanmartín.

O Foro Cívico de Santiago de Compostela considera que existen varios asuntos de capital importancia para a cidade e que son esenciais no presente e o futuro desta, e que ademais deben quedar fóra da disputa partidaria, xa que transcenden a unha única lexislatura, ao consideralos estratéxicos para a cidade.

Os asuntos que as forzas políticas representadas, se comprometeron a apoiar co liderado do Alcalde ou Alcaldesa da cidade, e a defensa ante as administración públicas competentes son: 

  • A potenciación da industrialización de Santiago de Compostela. Sabendo que o peso do PIB da industria en Santiago sobre o PIB galego está moi afastado do obxectivo do 20% proposto para o conxunto da UE no 2020. Apenas chega á metade do de Galicia, que, á súa vez, non chega ao de España, que á súa vez queda lonxe do de Alemaña e outros países da UE. Nese sentido, pediuse a todos os candidatos e candidatas un apoio decidido e unánime aos incentivos que formulan a Asociación de Empresarios do Tambre,a Cámara de Comercio e a Universidade, dende a Mesa Sionlla Biotech-Madeira. 
  • O replantexamento da Estación Intermodal que cun movemento superior aos dous millóns de usuarios, resulta clave garantir a mobilidade de calidade e que hoxe en día sexa posible sacar adiante o proxecto da intermodal, planificado e orzado. Santiago, porta de entrada e primeira imaxe do turismo na nosa Comunidade debe contar cunha estación intermodal digna, e sobre todo eficiente. 
  • A axilización na data de finalización de varias infraestructuras viarias coma a das obras da Autovía Santiago - Lugo (A-54), xa que é a única que existiría dende Santiago de enlace cunha capital galega e a meseta, sen ningún tipo de peaxe. A Autovía Santiago – Lugo A-54 considerase imprescindible para a conexión coa Autovía A-6 permitindo axilizar o transporte, de forma eficaz e eficiente do Sur de Galicia cara ao Cantábrico. E a conexión da AP-9 e da A-54 coa N-550 e a prolongación ata a estrada de Noia, viales que tamen provocarían favorecer as liñas de transporte entre a comarca e outros puntos da xeografía galega. 
  • • Outro dos apartados que se trataron foi a proposta de que Santiago de Compostela non pode seguir coa situación actual en canto á depuración das súas augas residuais, solicitándose un consenso sobre a mellor solución sin que signifique un gravame excesivo para os cidadáns de Santiago e Comarca. 
  • • E xa como último punto, o Foro manifestou unha enorme preocupación polo retraso histórico que o Concello de Santiago sofre á hora de outorgar licenzas urbanísticas. Solicitándose o consenso de todos os aspirantes para a reforma, esixencia e modernización da nosa Administración, sendo fundamental a implantación da tramitación telemática ou electrónica. 

As forzas políticas e os axentes sociais e empresariais da cidade, presentes neste acto, comprometéronse a buscar canles de colaboración para tratar de conseguir un consenso nos temas cruciais para a cidade e a súa área de influencia.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio