aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

11/05/2019:  A Cámara de Comercio de Santiago organizou unha xornada en colaboración coa empresa Seguridade A1

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela en colaboración coa empresa Seguridade A1 celebraron unha xornada sobre como converter o control horario nun beneficio para a empresa.

 A xornada presentada pola secretaria xeral da Cámara, Rosa Mary Cardeso, contou con Juan Carlos de la Torre, quen falou dos aspectos legais que supoñen a normativa en relación á obrigatoriedade do rexistro horario que entra en vigor desde mañá domingo, día 12 de maio. O obxecto da xornada  centrouse por parte de la Torre de aclarar dúbidas legais xeradas entre os empresarios, pemes e autónomos que se acercaron á xornada na Cámara de Comercio. 

Pemes e autónomos dos máis perxudicados por unha normativa que parece que non previu as particularidades de cada actividade empresarial, e que choca coas novas formas de traballo, co emprego por obxectivos, a distribución irregular de xornada para favorecer a conciliación ou as empresas que traballan en distintos países con fusos horarios diferentes. 

A xornada ademáis contou con María Piñeiro do departamento de Recursos Humanos da Empresa Seguridade A1, quen falou desta implementación obrigatoria do rexistro  horario como unha avantaxe competitiva. Deste xeito a empresa terá un coñecemento fiable de canto tempo traballa cada empregado, así coma un maior manexo do tempo de traballo efectivo. O control horario axudará a saber quen é máis produtivo e quen non. 

Como apuntou María Piñeiro, o cambio da cultura empresarial lévanos a pensar que o traballador excelente é aquel que está en constante cambio. Con este cambio cultural premiase o traballo efectivo, e apóstase pola conciliación da vida laboral e familiar. 

Todas as empresas desde mañá domingo deberán dispoñer dun sistema de control para rexistrar a xornada laboral efectiva dos seus empregados, no que se reflicta o horario de entrada e saída de cada un deles. 

A Cámara de Comercio de Santiago con esta xornada intentou a resolver as dúbidas que os empresarios e as empresarias da demarcación puideran ter a cerca deste tema.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio