aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

30/09/2019:  “Mocidade”: Encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia- Norte de Portugal. Santiago de Compostela, 25 – 27 de outubro de 2019

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, coa colaboración dos socios do proxecto Lidera, pon en marcha “Mocidade: Encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia – Norte de Portugal”, un espazo de formación, creatividade, emprendemento, cultura e lecer que permitirá establecer sinerxías, compartir experiencias, proxectos e ideas, e impulsar á xuventude no seu desenvolvemento persoal e profesional.

O encontro ten como obxectivo promover e estimular a creatividade e o espírito emprendedor da mocidade galega e portuguesa a través dun espazo aberto á participación, ao tempo que fortalecerá os lazos de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, especialmente en temas que melloren a empregabilidade da xuventude.

“Mocidade” promoverá o diálogo entre os participantes galegos e portugueses, pero tamén busca asentarse como un evento de referencia para os mozos e mozas grazas a unha programación multidisciplinar, moderna e á vangarda das novas correntes e sectores emerxentes.

Durante o encontro, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, como socio do proxecto Lidera, habilitará un punto de recollida de currículos dos mozos e mozas asistentes aos efectos de facelos chegar ás empresas socias da Cámara. Así mesmo, tamén ofrecerá información e asesoramento en materia de emprego.

A inscrición neste evento, totalmente gratuíto, dará acceso a todas as mesas redondas, charlas e dinámicas do evento, aos concertos musicais, así como ao aloxamento e manutención durante os tres días do encontro.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio.

Datas de realización: do 25 ao 27 de outubro de 2019.

Lugar de realización:

Museo Centro Gaiás
Monte Gaiás, s/n
15.707 Santiago de Compostela
A Coruña

Destinatarios: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade.

Prazas ofertadas: 400.

Prazo de inscrición: do 30 de setembro ao 17 de outubro de 2019.

Inscrición: será a través de formulario electrónico.

Adxudicación: as prazas asignaranse por estrita orde de inscrición.

Máis información: 

http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/17589-mocidade-encontro-da-xuventude-creativa-e-emprendedora-galicia-norte-de-portugal-santiago-de-compostela-25-27-de-outubro-de-2019

 

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio