aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

09/10/2019:  O Concello colabora no programa Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento, aberto ata novembro no Viveiro de Empresas

O Concello de Santiago colabora no programa Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento, que están desenvolvendo a Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio no Viveiro de Empresas da Costa Vella. A actividade formativa, que empezou onte e se prolongará ata o 22 de novembro, estruturase en tres partes: sesións de formación conxunta, accións de acompañamento e consultoría individualizada e mentoring e seguimento.

O principal obxectivo deste programa de emprendemento é o de proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa e o Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha. Unha vez desenvolvido, o promotor ou promotora pódeo empregar como guía de referencia para a posta en marcha e/ou consolidación do seu negocio. E tamén lle pode servir como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financeiras.

Ademais, o programa axudará aos/ás participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nas redes sociais, o plan de marketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus produtos e/ou servizos en internet.

Sede de la Cámara
San Pedro Mezonzo 44 bajo
15701 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
Fax.: 981590322
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio