aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

14/10/2019:  O Embaixador de Taiwán en España deu a coñecer as Oportunidades de negocio no país

O embaixador de Taiwan en España, José María Liu, acompañado do Director Económico, a Directora de Prensa e, o Segundo Secretario da Oficina Económica e Cultural de Taipei visitaron esta mañá a Cámara de Comercio de Santiago e foron recibidos polo Presidente da entidade cameral, José Sierra, e o presidente da Comisión de Comercio Exterior da Cámara, Jorge Lorenzo. Ademais a delegación estivo acompañada pola Deputada, Marta González. 

Celebrouse unaha xornada de traballo con empresas da demarcación da Cámara interesadas en establecer relación comerciais con Taiwán. O Embiaxador animou ás empresas a explorar o seu mercado durante esta xornada. 

Taiwan é considerado un dos catro "tigres asiáticos" xunto a Hong Kong, Corea do Sur e Singapura. Neste contexto, ocupa o posto 19 a nivel mundial segundo o valor do seu PIB en paridade de poder adquisitivo (52.300 dólares americanos) e o posto 4 das economías asiáticas. O país destaca principalmente no ámbito das tecnoloxías de información e comunicacións (TIC). 

Desde a crise económica, Taiwan experimentou un crecemento económico constante. No ano 2017 a rexión creceu un 2,89 por cento do PIB e a pesar das consecuencias da crise económica de 2011 e 2012, o consumo privado tamén se incrementou nun 8,57.

 Cabe sinalar que en 2018 houbo 133 exportadores galegos, malia só 39 foron  exportadores habituais, é dicir exportaron contiuadamente nos últimos catro anos. 

Os principais productos que exporta Galicia a Taiwán son: peixe conxelado, confección textil, automóvil, madeira, maquinaria de construcción, equipos de protección e seguridade laboral e química orgánica. 

A delegación de Taiwán visitou á empresa Finsa acompañada do responsable de internacionalización da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, Fernando Pérez-Soba; e foron recibidos por David Carballo, responsable de mercados asiáticos do Grupo. Cabe recordar que a empresa Finsa forma parte do Comité Executivo da Cámara de Comercio. 

O Embaixador de Taiwán, Der Li LIU, finalizou a xornada de traballo organizada pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela no Pazo de Raxoi. Foi recibido polo Alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o Concelleiro de Relacións Institucionais, Gumersindo Ginarte.

Sede de la Cámara
Rúa República Checa 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio