aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Cersia Trámites On-Line. Certificados de Origen Bolsa Cameral de Empleo http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA oferta formativa Portal de Empresas Formación Profesional Dual
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

05/11/2019:  A XUNTA APOIA A FORMACIÓN DUNHA VINTENA DE MOZOS DESEMPREGADOS PARA EMPRENDER NO EIDO CULTURAL E CREATIVO

Desde hoxe e ata o vindeiro 20 de decembro, un total de 25 mozos e mozas menores de 30 anos á procura de ampliar e mellorar as súas competencias profesionais poderán formarse na Cidade da Cultura a través do programa Transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas industrias culturais e creativas. Trátase dunha iniciativa formativa da Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, co-financiada pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Cidade da Cultura, e pola Fundación Incyde, a través do Fondo Social Europeo. O curso, enmarcado no programa Operativo de Emprego Xuvenil, desenvolverase todas as semanas no Centro de Emprendemento do Gaiás.

Na apertura do curso, celebrada esta tarde no Gaiás participaron a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Mary Cardeso; o director de proxectos da Fundación Incyde, Efrén Miranda; e a coordinadora do Centro de Emprendemento, Berta Álvarez-Buylla. 

O curso está dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos que non se atopan empregados nin participan nos sistemas de educación ou formación, vinculados ao mundo cultural e con interese en coñecer a importancia das industrias culturais e creativas, e a persoas emprendedoras que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un proxecto viable de creación de empresa cultural para o seu posterior posta en marcha. 

A formación inclúe módulos sobre temas como marketing dixital e estratexia; creatividade e innovación; branded content, social media e communitiy management; posicionamento SEO e SEM; ferramentas, datos e métricas; ou xestión financeira e xurídico-fiscal.

Ademais das sesións de formación conxunta, nas que se impartirán os contidos xerais do programa, o curso inclúe accións de acompañamento e titoría individualizada –destinadas a orientar a cada alumno en función do seu perfil profesional– e sesións de mentoría e seguimento –destinadas a apoiar aos participantes na creación do seu proxecto emprendedor–.

Sede de la Cámara
Rúa República Checa 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio