aviso legal consultas como llegar enlaces boletin informativo noticias inicio (+34)981596800
Beneficios de Ser Socio Cersia Sede Electrónica Cámara de Comercio de Santiago de Compostela oferta formativa Trámites On-Line. Certificados de Origen http://www.ennegrocontraaviolencia.gal/ Plan FOEXGA
Asociate a la Cámara y aprovecha sus ventajas
Una manera de hacer Europa / Invierte en tu Futuro
Certificación Digital

15/11/2019:  Os Premios Manuel Beiras cumpren 20 anos e abren unha nova convocatoria

O Concello e a Cámara de Comercio convocan a XX edición dos Premios Manuel Beiras para recoñecer e poñer en valor as empresas que usan o galego na súa comunicación. Os galardóns entregaranse o 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, nun acto moi especial que estará cheo de lembranzas e sorpresas con motivo deste 20 aniversario.

A concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, e o vogal da Cámara de Comercio, Xavier Freire, presentaron esta nova dos Premios Manuel Beiras, que pretenden poñer de manifesto os aspectos positivos da comunicación comercial en galego en dúas vertentes: de cara ás empresas, para que reparen no aprecio do público-cliente compostelán polo uso da nosa lingua, asociada a valores como a proximidade, a confianza ou a calidade; e de cara á cidadanía, para destacar os negocios que responden ás expectativas de dar servizo en galego e evidenciar a capacidade que ten, como clientela potencial, para animalos e recompensalos coas decisións de compra.

Bases da convocatoria
Os Premios Manuel Beiras convócanse en dúas categorías: empresas que veñan realizando un uso continuado da lingua galega e empresas que se incorporaran recentemente ao uso do galego. Ademais, pode outorgarse unha distinción especial a unha persoa ou entidade que se destacara pola súa contribución á normalización da lingua no mundo empresarial.

Aos galardóns poden optar empresas radicadas no Concello de Santiago, que poderán presentar directamente as súas candidaturas ou seren propostas por calquera persoa ou entidade. O xurado dos Manuel Beiras estará formado por un representante do Concello, da Cámara de Comercio, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Universidade de Santiago, dunha asociación en defensa da lingua, do Colexio Oficial de Xornalistas, dunha asociación de consumidores, e de cada unha das empresas premiadas na edición anterior.

Para presentar as candidaturas cómpre enviar unha mensaxe ao Departamento de Lingua Galega do Concello (dlg@santiagodecompostela.gal) ou ao Departamento de Comunicación da Cámara (comunicacion@camaracompostela.org). Todas as que se formulen antes do 10 de decembro seranlle transmitidas ao xurado desta edición, que tamén poderá sumar as propias.

Quen formule a proposta (calquera persoa ou entidade ou o propio negocio) debe achegar, na medida do posible, información sobre a práctica lingüística da empresa. Para facilitar a recollida desta información, as empresas candidatas poden sumarse a #galegoempresas (galegoempresas.santiagodecompostela.gal) que, ademais de incluír un autodiagnóstico, contribúe á súa difusión pública, ou poden elaborar unha pequena memoria, para o que contarán co apoio, se o precisan, do Departamento de Lingua.

A entrega do premio, unha escultura de Acisclo Manzano, terá lugar este ano no Teatro Principal. A gala celebrarase o luns 16 de decembro, ás 20:00 horas, e estará presentada polo actor e humorista Carlos Blanco.

En 2018, o premio para a empresa cun uso continuado do galego foi para Construcións Alvite González; o premio para a empresa que se incorporara recentemente ao uso do galego recaeu en Leite Noso; e a distinción especial do xurado foi para o avogado Evaristo Rodríguez Carracedo, quen como vicepresidente da Cámara de Comercio foi un dos piares sobre os que se crearon estes galardóns.

Campaña de información e promoción
Ao igual que nos últimos anos, a convocatoria dos Premios Manuel Beiras vén precedida dunha campaña de promoción que ten como obxectivo dar a coñecer os galardóns e incentivar a presentación de candidaturas, así como animar ás empresas a comunicárense en galego.

A campaña informativa ten varios obxectivos: reforzar o coñecemento que xa existe sobre o premio e poñer en valor a súa continuidade; divulgar as bases e convidar a cidadanía e entidades a presentaren as súas propostas de candidatura; chamar a atención sobre as empresas que empregan o galego como parte do seu servizo e engadir valor a esta aposta fronte ao público potencial; e achegar ao sector empresarial unha mensaxe positiva sobre o rendemento de utilizar o galego na súa comunicación. Con estas metas, deseñáronse os materiais que este ano poñen o acento nos vínculos e nas oportunidades que o galego crea para o sector comercial.

Ademais, continuará tamén difundíndose o vídeo #traballamos en galego, co que diversas empresas galardoadas testemuñan o seu compromiso co galego nas súas tarefas cotiás.

Toda a información do certame pode consultarse na web www.premiosmanuelbeiras.gal. Alí pódense atopar as listas de gañadores de edicións anteriores, as bases da convocatoria e numerosos recursos gráficos sobre os galardóns.

Sede de la Cámara
Rúa República Checa 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981596800
e-mail:  informacion@camaracompostela.com
Vivero de Empresas
Polígono de Costavella
República Checa, 40
15707 Santiago de Compostela
Tfno.: 981551700
Fax.: 981897555
e-mail:  vivero@camaracompostela.com
© Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Santiago de Compostela
aviso legal | politica privacidad | consultas | como llegar | enlaces | boletin informativo | noticias | inicio