Formador: Juan Luís Magariños Lapido, Director e Fundador de Optimiza o teu Negocio.
Impartiu asesoramento e formación integral a nivel nacional e internacional para pemes, autónomos e emprendedores en áreas de negocio como a produtividade, organización de procesos e persoas e dixitalización en empresas de diferentes sectores e estruturas. Enxeñeiro Técnico Industrial, Posgrao en dirección e xestión de RRHH e Máster en Coaching Internacional
PROGRAMA (preme)
Esta xornada formativa enmárcase dentro do Programa de Apoio Empresarial ás Mujeres, orientado á promoción e apoio á actividade empresarial das mulleres, que desenvolve a Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Cámara de Comercio de España e conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade.