AXENDA DA XORNADA
- Presentación da Oficina Acelera Pyme
- Contidos
Aínda existen compañías onde o medo ao desenvolvemento e o inmobilismo bloquean calquera cambio ou transformación. A consecuencia directa é a perda de competitividade fronte a outras empresas cuxa actitude é proactiva no ámbito tecnolóxico. É frecuente que as empresas se pregunten se a nube é a solución apropiada, que vantaxes lles achega fronte á infraestrutura en local.
Nesta charla darase resposta a como xestionar os riscos tecnolóxicos e a transformación dixital cara a un modelo de nube próxima, comprensible, transparente e alcanzable para calquera organización independentemente do seu tamaño.
Ponente
Rafa Villaverde, CEO de cloud.gal e infonet.es. Graduado en Administración e Dirección de Empresas, Certified Data Privacy Professional por ISMS Forum e titulado como Experto en Dereito Informático e Pericias Xudiciales, exerce a súa carreira profesional como empresario e administrador no sector TIC desde o ano 2001
As Oficinas Acelera Peme (OAP) inclúense no Programa Operativo Plurirregional de España FEDER 2014-2020 (POPE), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola Entidade Pública Empresarial Red.es