VISITA DO CÓNSUL XERAL DO URUGUAI Á CÁMARA DE COMERCIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

27/09/2023

Esta mañá o Cónsul Xeral do Uruguai, D. Ramiro Rodríguez Bausero, con competencia en toda a cornixa Atlántica e Cantábrica de España, mantivo unha reunión de traballo con representantes da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, encabezados pola súa Presidenta, Dª. María País, o membro do Comité Executivo D. Luís Penido, a Secretaria Xeral, Dª. Rosa Mary Cardeso e o responsable da área internacional D. Fernando Pérez-Soba.

Así mesmo, D. Ramiro Rodriguez aproveitou para convidar a todas as empresas galegas a participar no ENCONTRO MUNDIAL DE EMPRESARIOS GALEGOS, que se celebrará en Montevideo e Punta do Leste do 16 ao 18 de novembro deste mesmo ano. O Encontro contará coa participación de múltiples empresarios cuxo obxectivo será desenvolver negocios en conxunto, apoiados por unha orixe común, con horizontes e oportunidades de desenvolvemento compartidos. O encontro está organizado por AEGU (Asociación de empresarios galegos do Uruguai).

Por parte da Cámara de Comercio de Santiago trasladóuselle o interese permanente da nosa Comunidade en seguir estreitando relacións cun país que desde a Cámara visitaron moi frecuentemente para promocionar acordos comerciais e de toma de posicións investidoras, sendo a Cámara de Comercio que, en Galicia, xestiona as Misións comerciais e Feiras a desenvolver neste destino. Por iso contribuirá a difundir e promocionar este evento, declarado de interese por parte do Ministerio de Relacións Exteriores e o de Turismo do Uruguai.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña