“Crea o teu camiño profesional”: xornadas de coaching co proxecto Lidera, proxecto no que é socio a Cámara de Comercio de Santiago

05/09/2019

OBXECTIVOS
- Apoio á orientación vocacional e o recoñecemento de habilidades e competencias profesionais.
- Mellora da autoestima na procura de emprego. Identificación e adestramento de habilidades emocionais.
- Identificación de tipos de condutas e habilidades sociais, básicas e avanzadas como a empatía, asertividade e a resolución de conflitos.
- Apoio na organización e planificación de metas profesionais.
- Axuda na confección do currículum vitae e a carta de presentación. Coñecementos sobre os procesos de selección e os tipos de entrevistas (individuais e grupais).
- Análise da procura de emprego a través de internet: a imaxe persoal nas redes sociais e nos portais e redes sociais de emprego e emprendemento.
- Formar en habilidades transversais.
- Mellora das oportunidades de emprego e emprendemento dos mozos e mozas.

DESTINATARIOS/AS: Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

PRAZAS POR ESPAZO XOVE: Un mínimo de 4 un máximo de 15 persoas.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 4 de setembro ás 12:00 horas do día anterior hábil á realización da xornada.

INSCRICIÓN: Mediante o envío de formulario electrónico.

ADMISIÓN
Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.

PROXECTO LIDERA

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña