Presentación da Primeira Convocatoria Bioincubatech

15/10/2019

O Edificio Quercus acolleu a presentación da Primeira Convocatoria Bioincubatech. José Carballo, vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago representou a entidade , na súa intervención no discurso inaugural sinalou "acadar para Santiago o proxecto da propia incubadora, e poder implantar alianzas con outras institucións relevantes"; así "ábrese un futuro prometedor no ámbito das Ciencias da Vida, onde a nosa universidade é un claro referente".

Natalia Vázquez, directora Fundación INCYDE "salientou o exitoso traballo da USC, da Cåmara e Uninova" . Deulle os parabén as tres entidades pola aposta polos sectores da saude e alimentario.

Patricia Argerey, Directora da Axencia GAlega de Innovación agradeceu á Fundación INCYDE a aposta por Galicia. Agradeceu a Bioga e Clusaga creer no proxecto e facelo delas. Esta incubadora súmase a redes de aceleradoras en Galicia.

O Alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou a importancia de acompañar ás empresas en todas as fases de desenvolvemento e coordenadamente cos axentes económicos da cidade.

Para rematar o acto inaugural o Reitor da Universidade de Santiago, Antonio Díaz, falou da necesidade de aportar a facilidade para que as novas ideas sexan proxectos, de ahí a necesidade de atraer os mellores proxectos que serán os que xeneren riqueza e emprego.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña