Liñas de axuda dirixidas ao empresariado autónomo na Cámara de Comercio de Santiago

05/03/2020

A Cámara de Comercio de Santiago acolleu esta mañá a presentación por parte do subdirector xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Juan Lirón, das liñas de axuda dirixidas ao empresariado autónomo. Estivo acompañado da secretaria xeral da Cámara, Rosa Mary Cardeso. 

Galicia é unha terra de oportunidades para os que queren emprender e inicar unha aventura propia. Desde a administración autonómica son conscientes de que o emprendedor e o autónomo constituen un eixo vertebral da economía e a sociedade galega. Por iso poñen a disposición un apoio integral para acompañamento no camino:

 

-          Decidirte a emprender o negocio

-          Mellorar a competitividade

-          Formarte

-          Investir

-          Crecer e contratar a traballadores

-          Conciliar 

O subdirector xeral, Juan Lirón, falou de distintas liñas de axuda entre as que cabe destacar, o poio con 2000 € o inicio da actividade como autónomo, ou con 4000 € aos menores de 30 anos , parado, con algunha discapacidade ou en risco de exclusión social. 

Tamén se falou das axudas para proxectos de base tecnolóxica, para mulleres, emigrantes retornados e ó acceso a espazos e servizos da Plataforma Startin Galiciae as axudas de Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña