A Cámara de España ofrece a súa colaboración para a superación da emerxencia sanitaria e pide ao Goberno que poña ás empresas no centro das políticas económicas de recuperación

13/03/2020

A Cámara de Comercio de España e o conxunto da rede cameral ofrecen a súa colaboración ás administracións públicas para a rápida superación da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19. A seguridade e saúde das persoas deben ser a prioridade absoluta neste momento. 

Por iso, desde o sistema cameral están a poñerse en marcha as medidas necesarias para frear na medida do posible a expansión da epidemia con iniciativas como o teletraballo e as reunións telemáticas, que permitan garantir a continuidade dos servizos e a actividade da Cámara, así como a cancelación de actos presenciais, reunións e viaxes. 

Neste momento é especialmente necesario facer un chamamento á responsabilidade individual para adoptar medidas de protección. É igualmente preciso insistir no bo funcionamento das canles de distribución que aseguran o abastecemento de alimentos en toda España polo que é innecesario realizar compras masivas. 

Con todo, non hai que esquecer as graves consecuencias económicas que se van a derivar desta situación. Por iso, a Cámara de España pide ao Goberno que sitúe ás empresas no centro das medidas de recuperación, xa que delas depende a actividade económica e o emprego. 

As pemes e os autónomos, o colectivo máis numeroso e tamén máis vulnerable, deben recibir unha atención especial, particularmente naqueles sectores que se están vendo máis directamente afectados por esta crise. 

Pero tamén as grandes empresas requirirán medidas de apoio. En ningún caso debe esquecerse o seu peso fundamental na creación de emprego e xeración de actividade económica, así como o seu efecto tractor, fundamental para manter a actividade dun gran número de pemes. 

A Cámara de España está xa traballando na proposta de medidas que favorezan a superación desta grave crise e ofrece a súa leal cooperación ao Goberno para poñelas en marcha.

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña