Servizo gratuito de información, asesoramento e intermediación para ás empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais

18/04/2020

O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio de Santiago porán a disposición do empresariado da súa demarcación un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para autónomos e empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais ( ICO-IGAPE- SGRs- CDTI etc) que se están publicando para facer fronte ao impacto económico derivado da paralización da actividade económica como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno Central para frear a expansión do coronavirus Covid-19.

A través deste servizo ofrecerase de xeito coordinado información e recursos para o acceso das empresas de Compostela ás liñas de financiamento ICO, ás xestionadas pola rede cameral, e a outras fontes de crédito mobilizadas dende o Goberno e as propias entidades financeiras para o mesmo fin. Este asesoramento enmárcase  no convenio asinado entre ámbalas dúas entidades, que agora se vai ampliar. Aos 50.000 euros contemplados no actual convenio coa Cámara, o Concello de Santiago suma outros 50.000 adicionais, no marco das medidas económicas contempladas polo goberno local para axudar ás empresas compostelás a saír da crise provocada polo COVID-19.

Con este obxectivo, axudar ao tecido económico, a Cámara de Comercio pretende proporcionar un servizo de asesoramento ad hoc para que cada autónomo ou empresa poida acceder á liña de financiamento máis conveniente segundo as características do seu proxecto empresarial e as necesidades que se pretendan cubrir, garantindo que se atendan as necesidades de financiamento de todas as nosas empresas e que estas se fagan nas mellores condicións económicas e de axilidade de prazos de tramitación, con escrupuloso respecto ás condicións establecidas nos convenios subscritos. Con esta finalidade, pon a disposición de todas as súas empresas este servizo gratuito de información e intermediación coas EEFF, IGAPE, SGRs.

Ademais, a Cámara de Comercio de Santiago está a pechar coas distintas entidades financeiras negociacións primordiais neste momento como son a non discriminación a autónomos polo seu CIRBE ou polo nivel de cliente coa entidade, así como garantir a non esixencia de condicións NON obrigatorias no convenio ICO:

Unhas negociacións que tamén pasar por dar unha resposta áxil en prazos a todas aquelas empresas e autónomos que veñan da man da Cámara de Comercio de Santiago; como que se teña unha "chiscadela" nos diferenciais e que o tipo de interese a aplicar sempre sexa o máis axustado.

 

 

 

 

Proyecto financiado por la Diputación de A Coruña